Partido Popular de Lugo

O PP PROMOVERÁ A PARTICIPACIÓN DAS SÚAS BASES COA CREACIÓN DUNHA OFICINA DE INFORMACIÓN Ó AFILIADO

Lugo, a 4 de xuño de 2008.- O Partido Popular de Lugo dá un paso máis no proceso de fortalecemento da súa estructura interna e de renovación dos seus órganos directivos coa posta en marcha de oficinas de información ós afiliados e simpatizantes. O obxectivo é reforzar a comunicación xa existente entre as bases e os responsables da dirección do partido, tanto a nivel local como provincial, dentro da filosofía que o Presidente provincial José Manuel Barreiro está a desenvolver nos últimos meses para acadar unha maior implicación das bases na actividade que está a levar a cabo a formación en todos os ámbitos. 

Así, a atención que xa se lle viña prestando ós afiliados e simpatizantes nas sedes do partido farase a partir de agora dun xeito máis personalizado e específico ó establecer datas e horarios fixos para atender as demandas ou suxerencias que queiran facer  segundo os distritos nos que está distribuida a cidade de Lugo. 

Con esta iniciativa, que inicialmente se desenvolverá na capital e que, segundo o grao de aceptación que acade, podería trasladarse ó resto das agrupacións locais da provincia, o que se persegue é fortalecer a participación das bases no diseño da estratexia común que seguirá o partido. Pretende asimesmo resolver as dúbidas que se lle presentes ós afiliados e simpatizantes tanto no que atinxe a cuestións directamente relacionadas coa actividade do partido como coas administracións en xeral. 

Neste segundo caso o obxectivo é dar asesoramente directo sobre calquer cuestión que se lle plantexe nas institucións nas que o Partido Popular ten representación, así como en outros organismo oficiais ós que teñan que dirixirse para realizar calquer trámite administrativo.