Burela, 31 de maio de 2008.- Os deputados provinciais do PP pola Mariña, José Manuel Yanes Ginzo, Guillermo Leal Arias e José María González Barcia, acompañados polo parlamentario autonómico José Manuel Balseiro, a senadora María del Carmen Gueimunde, os alcaldes de Cervo, Xove e Barreiros, así como o presidente local do PP de Viveiro Cesar Aja, manifestaron hoxe, en rolda de prensa celebrada no Barco Museo Reina del Carmen, no porto de Burela, que os orzamentos da Deputación esquecen totalmente á comarca. Esta valoración foi realizada tras manter unha reunión de traballo na sede do partido e Burela para analizar, entre outros, este asunto.
Para os populares, as contas do organismo provincial confirman que o bigoberno incumple a súas promesas. Fixeron, de feito, especial mención ó Presidente, Gómez Besteiro, e lembraron que no seu discurso de investidura dixo que habería un recoñecemento especial coa Mariña. “Se o recoñecemento especial é esquecerse dela, está claro que o fixo”, aseguraron.
Segundo os deputados populares, os únicos investimentos reais que se contemplan pertencen ó Plan de Obras e Servicios, que está cofinanciado por concellos, Deputación e Estado. Só é de salientar, segundo dixeron, os 66.800 euros adicados a investimentos en materia de mobiliario e enseres para o Museo do Mar.
Polo tanto, á espera de que se poña en marcha dunha vez o parque de bombeiros de Barreiros, “que Lara Méndez dixo que sería no primeiro trimestre, e que agora, tal e como nós adiantamos, será para 2009, os orzamentos da Deputación dan balance cero”, aseguraron.
En materia de subvencións directas da Deputación, dende o PP indicouse que non hai ningunha novidade destacada e que mereza mención, polo que resulta “sorprendente” que se conceda unha subvención nominativa por importe de 50.000’00€ á Asociación Socio-Pedagóxica Galega, “que pouca relación directa ten coa comarca e coa provincia”.
No que respecta ás subvencións do INLUDES, continúan as que se daban para semente de moluscos en Ribadeo, Barreiros, Celeiro e O Vicedo, que suman 21.000 euros. “Os mesmos que no último presuposto do goberno do PP”, recalcaron.
Inclúese a Festa do Berberecho de Foz e a da Merluza de Celeiro, pero non se inclúe a do Bonito de Burela, o que, para os populares, quere decir que non se mide a todos polo mesmo raseiro.
Os deputados provinciais fixeron especial fincapé no sector primario, e así indicaron que para a pesca e para o sector agrogandeiro a consignación que fai a Deputación nos seus orzamentos ordinarios é de 340.000 euros, dos que non se destina nin un só euro a investimentos reais, e só 150.000 para transferencias correntes.
No que se refire ó INLUDES, os deputados provinciais do PP explicaron que o presuposto é de 290.000 e aínda que admitiron que se incrementa este presuposto con respecto ó 2007, puntualizaron que o total adicado ó sector primario é de pouco máis de 600.000 mil euros. “Unha cifra que é”, en opinión do PP, “unha auténtica miseria se facemos caso ó que dixo o Presidente no seu discurso de investidura, cando afirmou dúas cousas: que o sector primario tería un peso específico dentro dos presupostos e que tamén o tería a comarca da Mariña”.
En defintiva, para o PP, estes presupostos non axudan a vertebrar a comarca, nin a reequilibrala; máis ben ó contrario porque, dado que as partidas antes indicadas para o sector primario están sen determinar, a falla de ideas e de programa a este respecto póñense de manifesto.
No que se refire ós investimentos reais, os populares salientaron que só se inclúe unha obra na Pastoriza, “que xa fora licitada polo anterior equipo de goberno do PP, co que a sequía inversora da Deputación na comarca queda de manifesto”.
Ademais, os deputados populares pola Mariña manifestaron o seu descontento polo feito de que neste ano non se prevé que se traballe sobre ningún dos polígonos empresariais previstos, como son é o caso de Burela, Ourol, Trabada ou O Vicedo.
Finalmente, os tres deputados provinciais manifestaron a súa decepción pola perda dunha boa oportunidade do bigoberno para sentar as bases do seu compromiso coa Mariña, xa que nestes primeiros presupostos debería de marcarse a folla de ruta, e non é así. Por eso, lamentan que Lara Méndez, concelleira en Cervo; Melchor Roel, alcalde de Viveiro, e Antón Veiga, concelleiro de Barreiros, dean as costas á Marina e especialmente ó sector primario, que é quen máis precisa de axudas. Pero amosáronse convencidos de que os cidadáns decataranse de que os socialistas e os nacionalistas din unha cousa ante os medios de comunicación e depois votan o contrario do que din.
RESPALDO Ó SECTOR PESQUEIRO.- Os representantes do PP reiteraron asimesmo o seu apoio ás demandas que está a levar a cabo o sector primario, especialmente o sector pesqueiro, e consideran totalmente irracional e fóra da realidade a ausencia de posicionamento da Deputación, que debería apoiar tales demandas porque o sector primario en xeral e a pesca en particular son fundamentais no tecido socioeconómico da Mariña.