Partido Popular de Lugo

A CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE DESENTÉNDESE DO DESASTRE ECOLÓXICO PROVOCADO POR UNHA CANTEIRA EN SAMOS Ó ALEGAR QUE ESTÁ ABERTA A VIA PENAL

Lugo, a 30 de maio de 2008.- Os deputados lucenses do Grupo Parlamentario Popular Jaime Castiñeira, Carmen Janet Salgado e Manuela López Besteiro consideran que a Consellería de Medio Ambiente desenténdese do desastre ecolóxico acontecido en novembro de 2006 en Samos como consecuencia do desplome dun vertedoiro empregado pola empresa Pizarras del Oribio, SL., ó alegar que está aberto un proceso penal por esta causa e que éste prevalece sobre a vía administrativa. 

Esta é a valoración que realizan os deputados tras a resposta dada pola consellería a unha pregunta formulada en comisión polos populares para interesarse por este asunto. 

Castiñeira, Salgado e Besteiro lembran, por outra banda, que aínda seguen agardando que a Consellería de Cultura dé a súa versión sobre esta cuestión. Os populares presentaran outra pregunta a esta consellería polas mesmas datas que a realizada a Medio Ambiente dado que os escombros, ademais de arrasar tres quilómetros do cauce do río, levaron por diante varios muiños e presas, unha ponte e un mazo, polo que non dubida en calificar o acontecido como un atentado ó patrimonio arquitectónico do municipio como, de feito, así se recoñece na propia contestación de Medio Ambiente.

EXPLICACIÓNS DE MEDIO AMBIENTE.- No que atinxe á resposta de Medio Ambiente, dende a consellería confirmouse que tanto dende a Delegación provincial como do Servizo de Calidade e Avaliación Ambiental procedeuse a realizar diversas inspeccións tanto na canteira como no seu entorno con posterioridade ó afundimento do vertedoiro. Concretamente estes controis realizáronse os días 17 e 19 de xaneiro e 1, 2, 6 e 14 de febreiro de 2007, nos que se constata, segundo a apreciación dos técnicos, posibles incumprimentos na xestión dos residuos da empresa, da que é copropietario o tenente alcalde e concelleiro de Urbanismo e Obras do Concello de Samos, o socialista José Manuel Pérez, así como das condicións explicitadas na Declaración de Impacto Ambiental. 

De feito, puntualizase no informe realizado polos técnicos, que o desmoronamento da entulleira correspóndese coa antigua canteira Aira Vella en non coa da actual concesión Vetusta, aínda que tamén se especifica que a actual cocesionaria ocupa os terreos da anterior. Conclúese, por tanto, que Vetusta estaría obrigada a asumir os oportunos traballos de restauración. 

O Servizo de Calidade e Avaliación Ambiental recoñece a afección ó río Castelo e ós seus afluentes, así como a producida nos espazos incluidos na Rede Natura 2000. 

INCUMPRIMENTOS.- Con data 21 de febreiro de 2007, segundo se asegurou dende a Consellería de Medio Ambiente, trasládase a acta de inspección á Delegación provincial, facendo fincapé nos incumprimentos detectados no que respecta ás directrices incluidas na Declaración de Impacto Ambiental. Toda esta documentación foi remitida asimesmo á Confederación Hidrográfica do Norte dous días despois. 

No que atinxe á inspección realizada o 2 de febreiro de 2007, segundo se confirmou dende a consellería, valoráronse os efectos producidos no medio polo desmoroamento da entulleira. 

As irregularidades detectadas polos axentes do Servizo de Calidade e Avaliación Ambiental, engaden dende Medio Ambiente, deron lugar á incoación dun expediente sancionador polo que a Delegación provincial iniciou al dilixencias pertinentes pero, dada a preferencia da vía penal sobre a administrativa, non procede a incoación de expediente sancionador ó estar en trámite as diligencias penais no Xulgado de Instrucción nº 1 de Sarria por un presunto delito contra os recursos naturais e o medio ambiente. 

Así, con data 2 de abril de 2007, dende a Delegación provincial remitiuse o oficio ó xulgado para que, cando proceda, remita á Delegación comunicación expresa sobre as actuacións adoptadas ó efecto de determinar posible incoación do correspondente precedemento sancionador administrativo. 

A Consellería de Medio Ambiente tamén deu conta das medidas adoptadas para proceder á rexeneración e recuperación da cunca e entorno do río, afirmando que existe un informe elabora polo Servizo de Conservación da Natureza de Lugo no que se inclúe unha proposta detallada das medidas que se propoñen. Medidas de restauración que, segundo se especifica dende a consellería, deberán ser asumidas unha vez se diriman as responsabilidades polos feitos acontecidos.