Lugo, a 30 de maio de 2008.- A Asociación provincial de mulleres en igualdade, presidida por Raquel Arias, celebrou hoxe en Lugo unha xuntaza de traballo para, ademais de dar a coñecer a asociación ás mulleres da cidade de Lugo, facer un sondeo sobre cales son as inquedanzas, intereses e principais problemas cos que se atopan pola súa condición de mulleres. Un sondeo que servirá de base para a posterior organización de actividades ou actuacións que desenvolverá a asociación.
Unha das decisións adoptadas hoxe foi a de trasladar ó Grupo provincial Popular a petición de que presente na Deputación unha iniciativa para que este organismo elabore un Plan estratégico de igualdade, que posteriormente sirva de base para que os concellos que así o desexen poidan redactar o seu propio plan.
Para este colectivo, resultaría moi importante que o organismo provincial predicara co exemplo na lotia por acadar unha igualdade real entre homes e mulleres.
Entre as posibles actividades que se batallaron cabe destacar, por exemplo, a celebración de encontros con outras asociacións sectoriais de mulleres de todos os ámbitos como pode ser o caso das empresarias, as mulleres rurais, as amas de casa ou as xóvenes, así como con diferentes colectivos profesionais como a educación, a sanidade, a xurisprudencia ou a pesca, entre outros.
Tamén se prevé a organización dun viaxe a algún evento importante de relevancia sociocultural como pode ser o caso da Expo de Zaragoza, así como charlas e conferencias sobre os temas máis diversos como Primeros Auxilios, Medicina Preventiva, Cociña Rápida e Saudable e incluso sobre a Lei de Dependencia ou os impostos de sucesións.
Outros dos aspectos que salientou foi a conveniencia de que o programa de actuacións que se levarán a cabo se realice por toda a provincia, aproveitando a creación de asociacións a nivel local (como as xa constituidas nos concellos de Burela, Sober, Chantada e O Courel, ademais de na propia capitalidade provincial) e promovendo o mesmo tempo a creación noutros municipios.