Partido Popular de Lugo

O PARTIDO POPULAR PIDE QUE QUEDE EN SUSPENSO AS NEGOCIACIÓNS DA PLANTA DE COMPOSTAXE DE LUGO ATA QUE ESTÉ LISTO O NOVO PLAN DE XESTIÓN RESIDUOS

Lugo, a 29 de maio de 2008.- O Partido Popular presentará senllas iniciativas no Parlamento e no Concello de Lugo para coñecer en qué situación se encontra o acordo coa Xunta para a construcción da planta de compostaxe que Orozco e o Conselleiro de Medio Ambiente queren facer  en Lugo. 

O voceiro de Medio Ambiente do Grupo Popular no Parlamento galego e concelleiro en Lugo Jaime Castiñeira e a concelleira Teresa Taboada, responsable desta área no Grupo Municipal, anunciaron hoxe que se vai presentar unha proposición, para debatir en pleno, na que solicitan que “o concello de Lugo deixe en suspenso a sinatura de calquera acordo para a construcción da planta de compostaxe mentres non esté listo o Plan de Residuos Sólidos Urbanos de Galicia”. 

O PP quere saber cal é a planificación global do departamento de medio ambiente e por qué se escolle Lugo para montar esta instalación, tendo en conta que hai concellos como Santiago, Pontevedra ou Carballeda de Avia, en Ourense, etc. que rexeitaron a construcción nos seus respectivos municipios de plantas similares. 

SI A COMPATIBILIZACIÓN, PERO CON SENTIDO.- Os populares explicou que no programa do anterior goberno da Xunta xa se contemplaba a posibilidade de xestionar residuos de compost. “A previsión era  dun 15 por cento”, segundo asegurou Jaime Castiñeira, quen explicou que o que o Partido Popular “rexeita de plano” é a estratexia de “crear plantas en todos os sitios sen un criterio claro e sen saber que se vai facer co compost. Un producto que se ten unha baixa calidade non terá unha saída ó mercado, polo que teremos un problema engadido máis.” 

Os populares, por tanto, reclaman “respostas definitivas e claras nun tema que afectarán á vida e ó peto de tódolos lucenses”. 

Nese senso, o voceiro de Medio Ambiente no Parlamento explicou que a petición do seu grupo vén motivada logo das recentes manifestacións tanto do Alcalde como do Conselleiro de Medio Ambiente. O primerio aseguraba que “el acuerdo con la Xunta para la planta de compostaxe está moi avanzado” e o segundo polos seus continuos anuncios de que se vai facer unha planta de compostaxe en Lugo. 

Nese senso avanzou que preguntarán se se fixo un  estudio previo da viabilidade que podería ter esta planta de compostaxe para Lugo e tamén pedirán explicacións sobre a saída que vai ter o compost que se xenere nela. 

A xuizo de Jaime Castiñeira, Lugo, xunto con Ourense, non ten porqué asumir o tratamento de residuos que se xeneran nas zonas máis ricas de Galicia, tendo en conta que as provincias que producen máis cantidade de residuos sólidos urbáns son as de Pontevedra e a Coruña. “¿Ese é o plan de reequilibrio de Touriño?, ¿son estos os proxectos de desenvolvemnto para o concello de Lugo?”, preguntouse.

¿Por qué  despois do fracaso de Nostián nos queren colocar en Lugo unha planta? En Santiago, un goberno do PSOE e o BNG rexeitou construir unha planta de compostaxe”, lembrou o concelleiro popular, que concluiu dicindo que “Orozco, quere solucionar o  problema do seu amigo o Conselleiro de Medio Ambiente a cambio de vender a Lugo”.