Partido Popular de Lugo

O GPPP LAMENTA QUE A DEPUTACIÓN NON SE IMPLIQUE NA DEFENSA DO SECTOR PRIMARIO DA PROVINCIA

Lugo, a 28 de maio de 2008.- O GPPP ten a convicción, a raiz do rexeitamento da moción presentada en defensa do sector primario no pleno de onte, de que “a Deputación posicionouse en contra dos intereses dos sectores productivos e económicos básicos da provincia”. 

Para os populares, solicitar medidas urxentes para que o sector pesqueiro e o sector agrogandeiro saian da crise na que están inmersos, “é imprescindible tendo en conta a situación na que se atopan e que afecta, polo tanto, a moitas familias da nosa provincia”. 

O GPPP lembra que o sector primario é un dos pilares económicos fundamentais de Lugo e que está a pasar por un dos seus peores momentos. “É lamentable que a Deputación, como concello de concellos e representante da provincia no seu conxunto, non se implique de xeito inequívoco na defensa dos nosos gandeiros, agricultores e pescadores, que non se solidarice coas súas reivindicacións”, aseguran os populares. 

Moitas explotacións gandeiras, tanto as que se adican á producción de leite como de carne, corren risco de desaparecer, segundo recalcan os populares, debido ás importantes baixas nos prezos da venta en orixe e as importantes subidas dos productos básicos precisos para a alimentación do gando. Recalcan, neste senso, que os custos dos fertizantes subiron o cen por cen; os pensos, o 40 por cento, mentres que o prezo do leite en orixe caiu nos últimos tres meses 12 céntimos de euro por litro e o da carne está por debaixo de catro euros o quilo. “Máis sangrete é ainda é o prezo do gasoleo”, engaden. 

O GPPP recalca que a situación na que se atopa o sector pesqueiro é igualmente lamentable e proba delo é a movilización masiva que teñen previsto realizar o vindeiro venres en Madrid. “Unha movilización que dende o GPPP tamén respaldamos porque é preciso buscar solucións urxentes a este problema”, engaden.