Partido Popular de Lugo

A CONSELLEIRA DE PESCA AFONDA NO ESPERPENTO A TRATA DE ESQUIVAR A SÚA RESPONSABILIDADE CULPANDO DA CRISE DO SECTOR Á GUERRA DE IRAQ

Santiago, 28 de maio de 2008.- A Conselleira de Pesca, Carmen Gallego, afondou hoxe un pouco máis no papel esperpéntico que ven representando ao culpar da crise que atravesa o sector pesqueiro galego á guerra de Iraq, nun intento de esquivar a súa responsabilidade ante esta situación. 

As declaracións de Carmen Gallego producíronse esta tarde no Parlamento, ao ser interpelada polo voceiro de Pesca do Grupo Popular, José Manuel Balseiro, en relación coa peor crise do sector pesqueiro nos últimos 25 anos, que aos problemas derivados da escasa cotización das capturas en lonxa e a falta de control sobre as importacións, se suman os apretos económicos derivados do constante crecemento do prezo do gasóleo. 

Fronte aos intentos da conselleira para eludir a responsabilidade da Administración autonómica, Balseiro Orol atribíu a situación da pesca galega á “ineptitude e ineficacia” do equipo que dirixe Carmen Gallego. Como exemplo desa afirmación, Balseiro recordou que a Consellería de Pesca deixou sen executar no ano 2007  o 47,8% do seu orzamento, o que equivale a 131 millóns de euros que poderían terse destinado a solucionar parte dos problemas do sector. 

Como propostas para superar a situación actual, o Grupo Popular efectúa as seguintes propostas: 

l     Control estrito da etiquetaxe e das importacións de peixe foráneo que está a invadir o mercado galego e provoca a caída das cotizacións nas lonxas galegas.

l     Posta en marcha dunha campaña orientada a promover o consumo de peixe galego. 

l     Creación dun fondo de garantía que permita ás empresas marcar o gasóleo a un prezo estable. 

l     Exoneración, durante  un ano, do pagamento das cotas da Seguridade Social, tanto para os tripulantes como para os armadores dos buques. 

l     Bonificación do 60% do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas. 

l     Exención do pagamento do imposto de sociedades. 

l     Intensificación das liñas de I+D+i encamiñadas a intensificar o aforro de combustible, o cambio de motor e do sistema de propulsión nos barcos pesqueiros.

Posta en marcha dunha liña de axudas específica para financiar as paralizacións temporais, a través de fondos extraordinarios e da reprogramación de fondos europeos.