Partido Popular de Lugo

A DOTACIÓN DUN POLÍGONO INDUSTRIAL E A CONEXIÓN COA AUTOVÍA, PRINCIPAIS DEMANDAS DO PP DE AS NOGAIS

Lugo, a 27 de maio de 2008.- O Presidente provincial do Partido Popular José Manuel Barreiro, xunto co Secretario xeral da formación José Manuel Balseiro, reuniuse cos responsables do grupo municipal popular de As Nogais, que lidera Jesús Núñez Díaz, para analizar a situación xeral na que se atopa este municipio e para establecer as liñas básicas de actuación que se seguirán os vindeiros meses dentro da estratexica común que está a desenvolver o partido. 

Na reunión de traballo sairon a relucir dúas cuestións que os populares califican de “prioritarias” dentro da lista de demandas plantexadas para este municipio. Por un lado, a dotación dun enlace “axeitado” coa autovía e, por outro, a dotación de chan industrial para “facilitar o desenvolvemento económico e industrial deste concello e, consiguientemente, a creación de postos de traballo dos que”, segundo salientaron, “estamos moi necesitados”. 

Segundo asegurou José Manuel Barreiro durante o encontro, a construcción dos accesos á autovía é unha obra “que non admite máis demoras”. Recordou, de feito, que a súa construcción foi iniciada polo PP pero que “leva varios anos pendente de remate, a pesar de que o Secretario xeral dos socialistas, o Sr. Blanco, comprometeu a súa palabra na execución dos traballos pendentes”. 

Os populares suliñaron que a carencia duns accesos axeitados están a provocar un enorme perxuizo tanto ó sector empresarial coma os veciños en xeral “sen que polo de agora se vira vontade política de solventar o problema”.

No que atinxe á contrucción dun parque empresarial, o PP suliñou que “é unha vella aspiración de As Nogais que tampouco atopou resposta entre os responsables institucionais, nen sequera o Presidente da Deputación quixo comprometerse a nada cando visitou o municipio”.   

Barreiro indicou que “é de sentido común” que o desenvolvemento empresarial dunha zona “pasa por poñer a disposición dos empresarios chan industrial debidamente dotado, máxime nos tempos que corren nos que todos os municipios loitan por atraer novas empresas co establecemento dos máis diversos incentivos, conscientes de que o asentamento de industrias conleva xeración de riqueza e creación de postos de traballo na súa zona de influencia”.