Partido Popular de Lugo

BARREIRO: “O BIPARTITO DA DEPUTACIÓN É O GOBERNO MÁIS CARO E MENOS EFICIENTE DA HISTORIA DA NOSA PROVINCIA”

Lugo, a 26 de maio de 2008.- O GPPP considera que os orzamentos presentados polo bigoberno da Deputación poñen de manifesto unha situación preocupante: “que dunha institución saneada pásase a unha institución endebedada en tan só un ano de goberno. Unha situación á que a propia interventora  se refire no seu informe, indicando que os orzamentos non cumpren o principio de estabilidade económico e manifesta a necesidade de que no prazo de tres meses se realice un plan económico-financieiro de reequilibrio”. 

O voceiro dos populares no pazo provincial José Manuel Barreiro insititu hoxe durante a súa valoración das contas presentadas polo bigoberno que o capítulo de inversión reais incrementarase neste exercicio en só un un por cento mentres que os gastos correntes dispararanse nun 31,2 por cento cando, segundo puntualizou, “este plantexamento non é o máis axeitado dada a delicada situación económica que estamos a vivir”.  

“Co agravante”, recalcou Barreiro, “de que pese a que a inversión será reducida, por riba solicítarase un préstamo de 8 millóns de euros co que a débeda viva da administración provincial incrementarase nun 60 por cento”. 

Neste contexto o voceiro dos populares chamou a atención sobre o feito de que, ademais do incremento desproporcionado no gasto corrente, inclúese unha partida non detallada por importe de 2,8 millóns de euros. “En vista dos antecedentes, non nos cabe a menor dúbida de que o PSOE e o BNG adicarán estes cartos ó autobombo e á propaganda que repercutirán no seu beneficio directo pero que non aportarán nada ós lucenses nin ó interese xeral da provincia”.  

O líder dos populares, quen compareceu acompañado do voceiro adxunto do GPPP José María González Barcia, comparou as cifras do orzamento consolidado para argumentar o que denominou como un “empeoramento da situación financiera da Deputación”. Así, segundo salientou mentras que no exercicio 2007 a inversión real, “só da Deputación”, segundo recalcou, ascendeu a algo máis de 74 millóns de euros; no 2008 será de 75 millóns. “É dicir, so un un por cento máis pese a que nesta cifra inclúense as inversións que ten previsto realizar a Deputación, o Inludes e Suplusa”. 

“A propia interventora”, recalcou Barreiro, “non debe de ver esta situación moi clara cando indica nun informe que o orzamento non cumple o principio de estabilidade económica”. 

Para os populares o importante incremento do custo das retribucións dos altos cargos e do persoal de confianza (multiplícase en máis de 10 puntos con respecto ó 2007) non se traduce nunha mellora da xestión do organismo provincial. “Dende o PP respaldamos que os responsables da xestión estén ben retribuidos pero esto ten que traducirse en traballo, esas dedicacións exclusivas deben ser rentables para o conxunto dos cidadáns da provincia de Lugo pero eso non está a acontecer”. Barreiro lembrou neste punto que “vimos denunciando reiteradamente o feito de que o Presidente da Deputación non asista ás xuntas de goberno e que estas reunións carecen de contido”. 

O PP tamén criticou a falta de transparecia que se deriva das contas presentadas polo bigoberno da Deputación dado que, por poñer só dous exemplos, nos se detallan as inversións que se van a levar a cabo nin e no caso do pago da débeda derivada do canon enerxético tampouco se especifica cómo se efectuará o reparto tanto en Chantada como no resto dos concellos afectados.  

Este orzamentos tamén fan sospeitar ó PP que as obras que están pendentes de execución dende o anterior Goberno da Deputación e que motivaron a petición dun pleno extraordinario non se van a facer porque tampouco se fai referencia específica a elas.