Partido Popular de Lugo

O PARTIDO POPULAR PREGÚNTASE POR QUÉ MANUEL MARTÍNEZ NON FAI NADA ANTE A PARALIZACIÓN DA MELLORA DA ESTRADA SARRIA-BECERREÁ

Becerreá, 23 de maio de 2008.- O Presidente provincial do Partido Popular José Manuel Barreiro, acompañado do secretario xeral da formación José Manuel Balseiro, continuou en Becerreá o seu periplo pola provincia para dinamizar e fortalecer a estructura interna do partido e coordinar o traballo a desenvolver os vindeiros meses. 

O encontro mantido en Becerreá cos responsables locais do partido, que lidera Antonio González, serviu, ademais de para tratar cuestións de índole interna, para facer balance da xestión do goberno municipal. 

A conclusión unánime á que se chegou neste punto é que a actividade municipal é prácticamente nula. “Non se está a facer nada. Todos os asuntos importantes están paralizados, non hai proxectos novos e tampouco se executan os que estaban previstos”, coincidiron en salientar José Manuel Barreiro e Antonio González. 

Barreiro e González referíronse, “por poñer só dous exemplos desta inactividade”, á construcción da piscina e á estrada Sarria-Becerreá.

No primeiro caso indicaron que o anterior goberno da Deputación tiña asignado un millón de euros a esta obra pero, polo momento, “nin se puxeron a disposición os terreos necesarios nin se invertiu nin un euro”. 

O caso da estrada Sarria-Becerreá é, segundo indicaron, “igual de sangrante” porque leváronse a cabo as melloras previstas no tramo que afecta ó concello de Sarria pero non se fixo nada no de Becerreá sen que “dende a adminitración local que dirixe Manuel Martínez ninguén diga nada”. 

José Manuel Barreiro lembrou que os orzamentos da Xunta para este ano non inclúen ningunha partida para a continuación desta obra. “É”, segundo dixo, “un olvido máis do bipartito galego a englosar na longa lista á que se podería facer referencia cando falamos dos municipios da Montaña lucense que, polas súas características, deberían ser obxecto dun trato diferenciador, pero que desgraciadamente é a gran discriminada”.