O Vicedo, a 22 de maio de 2008.- O Presidente provincial do Partido Popular José Manuel Barreiro mantivo unha xuntaza con afiliados e simpatizantes do municipio de O Vicedo na que tamén participou, ademais do secretario xeral José Manuel Balseiro, o Grupo municipal popular que encabeza o alcalde da localidade Jesús Novo.
O encontro serviu para intercambiar ideas sobre a estratexia común que vai a seguir nos vindeiros meses a formación política en todas as institucións nas que ten representación. A finalidade desta posta en común e establecer a maior coordinación posible entre todos os representantes do partido para que iniciativas que se plantexen repercutan o antes posible en beneficio dos intereses dos lucenses.
Un plantexamento que se enmarca dentro do proceso de achegamento á cidadanía que José Manuel Barreiro está a promover por toda a provincia con estes encontros por concellos. Un achegamento e unha coordinación nas actuacións que a semana pasada recibiu un novo pulo ó decidir que as reunión de traballo que periódicamente realizan os representantes do PP por Lugo en Madrid e as do Grupo Parlamentario Popular se fixeran coincidir. Non se descarta tampouco a posibilidade de que a estas reunións, que terán lugar cada quince días, se incorporen próximamente os integrantes do Grupo Provincial Popular.
Ademais destas cuestións de índole interno, aproveitouse a ocasión para valorar a situación xeral na que se atopa o Concello do Vicedo. A crise que está a sufrir o sector pesqueiro foi un dos asuntos que acapararon ó maior interese dos asistentes pola “dimensión e graves consecuencias que para este municipio xa está a ter”.
José Manuel Barreiro amosouse moi sensible a esta cuestión e comprometeuse a que o Partido Popular seguirá presentando propostas en Lugo, Santiago e Madrid encamiñadas a “arrancar un compromiso inequívoco das institucións a favor do sector primario” porque, segundo salientou, a “O Vicedo non só lle afecta a crise do sector pesqueiro tamén, aínda que en menor medida, a do gandeiro”.
Neste contexto, Barreiro lembrou que no próximo pleno da Deputación tratarase unha moción do PP dirixida precisamente a respaldar ó sector primario da provincia. Nela instase ás administración competentes a tomar medidas urxentes que compensen as perdas que están a rexistrar os afectados pola carestía dos productos básicos para o desenvolvemento da súa actividade (gasoleo, fertilizantes, piensos…) e a baixada dos prezos en orixe da súa producción, xa sexa peixe, leite ou carne.
Barreiro fixo mención a que o PP tamén presentou iniciativas encamiñadas a acadar beneficios para este sector tanto no Senado como no Congreso, ó igual que no Parlamento galego. As iniciativas presentadas e ós resultados obtidos ata o momento na Xunta, así como as novas propostas que con este obxectivo se levarán á cámara galega en próximas datas, referiuse máis específicamente José Manuel Balseiro na súa calidade de voceiro de pesca do Grupo Parlamentario Popular.
Os representantes do PP coincidiron en salientar que a defensa do sector pesqueiro “é cousa de todos e que resulta urxente atallar con medidas concretas a situación actual”.