Partido Popular de Lugo

O GPPP CRITICA QUE VEGA BUJÁN PERCORRA A PROVINCIA DICINDO OBVIENDADES SOBRE TURISMO NA VEZ DE EXPLICAR QUÉ VAI A FACER POLA SÚA PROMOCIÓN

Lugo, a 22 de maio de 2008.- O Grupo Provincial do Partido Popular  lamenta que “por cuarta vez” a Vicepresidenta terceira da Deputación María José Vega Buján perdera a oportunidade de explicar as directrices concretas do seu Plan Director de Turismo durante a súa recente presentación en Samos. 

Ó entender do voceiro adxunto dos populares José María González Barcia desprazarse ata Samos para dicir que a natureza e a paisaxe son os principais atractivos turísticos cos que conta a Montaña lucense “é algo tan obvio que non xustifica a viaxe”. 

“Eso é como afirmar que o mellor reclamo da Mariña son as súas praias ou que o estandarte da Ribeira Sacra é o Canón do Sil”, engade Barcia, que recoméndalle a Vega Buján que si ten previsto ir a Ulloa a asegurar que un dos seus principais atractivos son os seus productos gastronómicos “é mellor que aforre a visita”. 

O Partido Popular seguen a detectar “moitas lagoas” no plan da responsable de Turismo da administración provincial pola falla de concreción no trato diferenciador que, segundo anunciou, pretende darlle a cada comarca da provincia. “Falar de promoción, de mellorar a calidade dos servicios, de coordinación entre institucións, de potenciar os atractivos turísticos… e case non dicir nada senón se especifican as medias concretas que se van a acomenter ou, cando menos, puntualizar que elementos novos e diferenciadores se van a poñer en marcha con respecto ó traballo que xa se viña desenvolvento con anterioridade na Deputación”, engade Barcia. 

A Sra. Vega Buján debería, en opinión do Partido Popular, deixar a un lado a demagoxia, a abstracción do seu plan e concretar cál é a súa concepción do desenvolvemento turístico provincial. “Incluso podería explicar qué prentende facer co novo barco, cándo e cómo o vai a traer a Lugo e, o máis importante, cándo entrará en servizo”, conclúe González Barcia.