Partido Popular de Lugo

LÓPEZ ABELLA ACUSA A VICEPRESIDENCIA DE EFECTUAR UNHA DOBRE MANIPULACIÓN NO CONSORCIO: A DA CONCIENCIA DOS NENOS DAS GALESCOLAS E A DAS ELECCIÓNS SINDICAIS QUE QUERE AMAÑAR

Santiago, 22 de maio de 2008.- A portavoz de Igualdade do Grupo Popular, Susana López Abella, acusou hoxe á Vicepresidencia da Xunta de utilizar o Consorcio Galego de servizos da Igualdade e do Benestar para practicar unha dobre manipulación: “a manipulación das conciencias cos cativos que acoden ás galescolas para impegnalos do ideario político do BNG e a manipulación das eleccións sindicais convocadas nesa organización”. 

As declaracións da deputada popular prodúcense horas despois de que o sindicato CC.OO. denunciase publicamente que a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar utiliza trampas que rozan o fraude para tratar de que sea un sindicato de orientación nacionalista o que resulte gañador dese proceso. 

López Abella recorda que a contratación dos 430 traballadores que na actualidade integran o Consorcio Galego de Servizos Sociais xa foi obxecto dunha agria polémica no seu momento, xa que a selección foi efectuada polo BNG, seguindo criterios políticos, para converter a ese profesionais en axentes activos da política proselitista do nacionalismo galego. 

Ante estas evidencias, o Grupo Popular xa rexistrou unha iniciativa parlamentaria para pedir que a Xunta dea explicacións en sede parlamentaria sobre esta sucesión de conculcacións de principios democráticos que atenta directamente contra a suposta transparencia da que tanto lle gusta falar ao presidente da Xunta. 

“Faría ben o señor Touriño en dedicar menos tempo a falar da transparencia e máis tempo a practicala, empezando polo Goberno que el afirma presidir, a pesar de que a realidade o desautorice cada día”, agrega López Abella.