Partido Popular de Lugo

O PARTIDO POPULAR LEVARÁ Ó PARLAMENTO O PROBLEMA DE ACCESIBILIDADE DO MUSEO DE SAN ROQUE

Lugo, 20 de maio de 2008.- O Partido Popular  presentará varias iniciativas, tanto na Xunta como no concello de Lugo, para pedir aclaracións pola situación na que se encontra o Museo de San Roque en materia de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas. 

O Presidente Provincial do PP José Manuel Barreiro, a deputada Susana López Abella e a concelleira do GMPP Sofía López Linares lamentaron “o pasotismo” das administracións que únicamente e “a golpe de manifestacións”, como consecuencia da presión social, vense obrigadas a reaccionar.  

O Partido Popular lembra como as instalaciones deste museo non cumpren nin a Lei galega de accesibilidade, nin a Lei de igualdade de oportunidades porque está creando unha situación de marxinalidade cultural cara os ciudadáns que teñen a movilidade reducida. “En maio de 2007, inaugurouse o museo de San Roque, porque era época electoral e había que facer a foto. A  conselleira recoñeceu que había que dárlle unha solución e que o seu departamento a buscaría pero pasou un ano dende aquelas declaracións de intencións e o problema segue aí”. 

López Abella acusa á Conselleira de Cultura de “faltar a palabra dada” e de xogar coa paciencia das persoas afectadas “porque estes días cúmprese un ano dende que a titular de Cultura comprometérase a resolver o problema de accesibilidade”. 

Por elo, os populares presentan unha pregunta urxente ó pleno na que se piden explicación sobre  ¿cal é o motivo polo que a día de hoxe, e a pesar dos seus compromisos reiterados,  a Consellería de Cultura non teñen solucionado o problema de accesibilidade do Museo de San Roque en Lugo? 

Tamén se rexistrará  unha proposición non de lei na que o parlamento insta á Xunta a que solucione este problema e na que tamén se propón que nun prazo non superior a seis meses, se elabore un mapa dos edificios, espazos  culturais de Lugo con problemas de accesibilidade e se proceda a realizar un plan urxente de adaptación ás normas vixentes en materia de supresión de barreiras. 

Por último presentouse unha batería de preguntas para responder en comisión nas que se solicitan aclaracións sobre: 

1.      Cal é o motivo polo que a día de hoxe, e a pesar dos seus compromisos reiterados,  a Consellería de Cultura non teñan solucionado o problema de accesibilidade do Museo de San Roque en Lugo?

2.      Existen máis edificios, espazos de ámbito cultural en Lugo que presenten unha situación inaccesibles para as persoas con problemas de mobilidade?

 

3.      Ten pensado a titular de Cultura realizar un estudo sobre as necesidades dos distintos espazos e edificios culturais de Lugo con problemas de barreiras arquitectónicas que incumpren a normativa vixente e a súa correspondente adaptación a lexislación? 

Os populares aseguran que “aínda que a Conselleira diga hoxe que sí soluciona este problema,  este verán, as persoas con movilidade reducida que visiten Lugo tampouco poderán entrar no museo”. 

PROPOSTA MUNICIPAL.- O primeiro lugar onde se vai a tratar este asunto será no concello e, en concreto, na Comisión Permanente Ordinaria de  Benestar Social, que está convocada para o vindeiro martes. 

Sofía López Linares preguntará ó alcalde se fixo algunha xestión diante da Xunta   para solucionar a problemática do Museo de San Roque. 

A concelleira popular explicou que na comisión proporá tamén que o concello estudie poñer en práctica unha proposta como alternativa para entrar neste centro “hai unha solución moi sinxela cun custe mínimo que consistiría en ensanchar e limpar o paso que hai no lateral da capela de San Roque. Este acceso é o máis curto, dende a praza que está reservada para discapacitados na rúa San Roque, ata o museo”.   

Sofía López puntualizou que o percorrido de entrada principal é moi complicado: “a odisea dos discapacitados que necesitan acceder a este centro é digna dunha película de Almodóvar” … primeiro teñen que facer un esforzo titánico por unha rúa adoquinada en curva pronunciada e pendente excesiva, despois deste esforzo se atopan cunha  porta  estreita  pola que difícilmente entra unha cadeira de rodas, xa no interior a súa sorpresa é que non hai ascensor, e nin os baños  están adaptados … 

Por último, Sofía López Linares avanzou que pedirá explicacións ó goberno local non só das xestións realizadas para solventar o problema do Museo de San Roque senón que tamén quere saber  o grao de accesibilidade de todos os edificios públicos, así como das instalacións culturais e deportivas.