Lugo, a 17 de maio de 2008.- O voceiro do Grupo Provincial Popular amósase sorprendido polas declaracións realizadas polo Vicepresidente primeiro da Deputación, Antón Bao, no que califica “dun intento fallido por xustificar o inxutificable”: o si do seu grupo na administración provincial ó mantemento do primeiro ciclo da ESO en sete concellos lucenses e o non dado no Parlamento galego a mesma proposta aínda que ampliada a todos os municipios afectados.
“A coherencia política implica defender os principios ideolóxicos co pensamento e coa obra, todo o demais é unha contradicción e, polo tanto, unha traición moi mal disimulada á defensa dos intereses dos veciños implicados”, asegura Barreiro.
“É incoherente que un partido pretenda, por un lado, enarbolar a bandeira da defensa do medio rural e, por outro, contribúa a desmantelar servicios nel”, engade.
O líder popular lembra que que cando se estableceu, hai una década, a implantación do novo sistema de Educación Secundaria, en aplicación da Logse (unha lei do Partido Socialista coa que o PP, recalca, non estaba dacordo), tomouse a decisión de que os alumnos do primeiro ciclo da ESO poideran cursar os seus estudios no seu municipio de orixe, tendo en conta que nalgúns casos desprazalos ás cabeceiras de comarca, suporía que tiveran que percorrer ata 45 quilómetros. Queríase evitar ademais o desenraizamento dos nenos e contribuir a fixar a poboación no medio rural.
“Unha decisión”, recalca Barreiro, “que foi consensuada cos pais e cos mestres e que, a tenor dos resultados, foi unha medida positiva”. “É falso”, engade, “que a supresión promovida pola Consellería de Educación do Goberno que preside Touriño fora proxectada polo PP. Proba delo é que o bigoberno da Xunta mantivo en vigor durante todo o que levamos de lexislatura os decretos nos que se establecían os centros de educación Primaria que impartirían o primeiro ciclo de Educación Secundaria Obligatoria aprobada polo Goberno de Manuel Fraga”.
“Agora, pola porta de atrás e en contra da opinión de todo o mundo, imponse a supresión do ciclo, e ós responsables desa decisión non se lles ocurre nada mellor para intentar esquivar a súa responsabilidade botandolle a culpa a outros”, explica Barreiro, quen non dubidou en “puntulizarlle” a Antón Bao que “xa non están na oposición e que as decisións que apoien teñen trascendencia e consecuencias. É hora de que asuman a súas decisións e de converter en feitos os seus compromisoso”.