Trabada, a 17 de maio de 2008.- Os integrantes do Grupo municipal do Partido Popular de Trabada, que encabeza o rexidor local José Manuel Yanes Ginzo, mantiveron unha xuntanza co Presidente provincial José Manuel Barreiro para establecer al liñas de actuación durante os vindeiros meses e para repasar algunos dos temas de interese municipal máis salientables.
No encontra tamén participaron, entre outros, o Secretario xeral do partido e deputado autonómico José Manuel Balseiro e a senadora María del Carmen Gueimunde.
Os populares denunciaron a paralización da posta en marcha dun parque empresarial no municipio por parte da Deputación. Así, segundo aseguraron, tras a adquisición de once hectáreas de terreos para albergar o futuro polígono industrial fai agora prácticamente un ano, o proxecto permanece “conxelado” sen que, polo momento, dende a Sociedade Urbanística Provincial se estableceran prazos para o inicio do proceso de urbanización.
José Manuel Barreiro salientou os graves perxuizos que a demora na concreción deste proxecto está a ocasionar e alertou do risco que podería supoñer o feito de que as empresas interesadas en ubicarse nel opten por outro municipio para a súa instación. Unha preocupación que tamén expresou o propio alcalde, quen insistiu na “necesidade imperiosa” de contar con este parque para contribuir o fortalecemento industrial e, por conseguinte, económico do Concello.
O retraso na execución do plan de obras provincial foi outro dos asuntos abordados, poñendo especial énfase na mellora da estrada entre Trabada e Ría de Abres. Unha actuación que afectaría a un tramo duns sete quilómetros, á que estaba consignado un orzamento de 1,2 millóns de euros, e que permitiría mellorar a conexión entre a estrada autonómica LU-132 e a Nacional 640.
Os populares de Trabada amosaron asimesmo a súa preocupación pola “penosa situación” na que se atopan os particulares e as empresas no que á conexión a Internet se refire. O municipio, segundo salientaron, pese os anuncios realizados dende a Xunta de que disponía da cobertura axeitada no prazo 2006-2007, segue a carecer nestes momentos de banda ancha. “Esta é xa unha reivindicación inaplazable”, aseguran dende o PP.