Partido Popular de Lugo

OS REPRESENTANTES LUCENSES DO PARTIDO POPULAR EN MADRID COORDINARÁN A SÚA ACTUACIÓN COS PARLAMENTARIOS AUTONÓMICOS

Lugo, a 16 de maio de 2008.- Os representantes en Madrid do Partido Popular pola provincia de Lugo mantiveron esta mañá unha nova xuntanza de traballo para unificar os criterios que van a seguir nos vindeiros meses co obxectivo último de  que as iniciativas que trasladen a ambas cámaras repercutan o antes posible en beneficio dos intereses dos lucenses. 

Os senadores José Manuel Barreiro, Armando Castosa e María del Carmen Gueimunde e os deputados Joaquín García e Raquel Arias coincidiron en suliñar que ser o grupo de representación máis numeroso da provincia conleva unha responsabilidade engadida. 

Os populares ultimaron os criterios a seguir poñendo especial énfase naquelas área nas que cada un deles teñen competencias nas distintas comisións creadas nas cámaras.  

Consideraron convinte asimismo facer coincidir estas reunións periódicas de coordinación que están a manter coas que tamén se celebran cos deputados de Lugo no Parlamento galego, e decidiron fixar os encontros cunha periodicidade quincenal. 

A coordinación e o establecemento de criterios e estratexias comúns será o principal obxectivo que se pretende establecer con esta medida e que podería incluso ampliarse ós integrantes do Grupo provincial popular.  Un plantexamento que se enmarca dentro do proceso de achegamento á cidadanía que o Presidente provincial está a promover por toda a provincia e que se complementaría agora con este novo impuso á coordinación e colaboración dos grupos do PP en todos os niveis institucionais. 

INICIATIVAS.-  No que atinxe ás iniciativas que se van a presentar en Madrid, durante a xunta decidiron interesarse, entre outros asuntos, polo “lamentable” estado no que se atopan os cuarteis da Garda Civil en Lugo e por pedir explicacións ó Goberno sobre as actuacións que levará a cabo para solventar esta situación ou incluso polo grado de execución dos proxectos para a provincia previstos polo Estado nos orzamentos do pasado ano.

Dada a situación de crise na que se atopa a economía, tamén conviron en presentar unha batería de preguntas para coñecer as previsións do Ministerio de Economía. En este sentido as iniciativas irán encamiñadas a solicitar detalles sobre as medidas a adoptar para compensar a reducción da confianza expresada polos galegos na marcha da economía tras los datos negativos do IPC, a reducción do emprego na construcción, a baixa da producción industrial, entre outros datos negativos que saíron á luz neste últimos días. 

Interesaranse especialmente, segundo indicaron, por coñecer de primeira man en qué consistirá o plan de estímulo económico anunciado polo ministro Solbes e cal será a súa repercusión concreta na provincia de Lugo.

A defensa e mellora do ferrocarril convencional ata que non quede perfectamente definido qué vai a pasar co AVE e reclamar a dotación de máis plazas para discapacitados nos vagóns e a mellora da accesibilidade para este colectivo tanto nos propios trens como nas estacións, serán outros dos asuntos sobre os encamiñarán as súas iniciativas.