Partido Popular de Lugo

O PPDEG INSTA AO GOBERNO CENTRAL A QUE SE TOMEN MEDIDAS URXENTES PARA PROTEXER AOS MARIÑEIROS ESPAÑOIS QUE FAENAN EN AUGAS INTERNACIONAIS LOGO DO SECUESTRO DO PLAYA DE BAKIO

Santiago, 16 de maio de 2008-. Logo de constatar a desprotección en que se atopan os mariñeiros españois que faenan en augas internacionais, o voceiro de Pesca do Grupo Popular, no Congreso, o deputado galego, Joaquín García Díez, insta ao Goberno central a que se tomen medidas urxentes co obxecto de que non se volvan repetir episodios como o do secuestro do Playa de Bakio.

O voceiro galego recorda que o Partido Popular xa chamou a atención sobre a seguridade dos mariñeiros en augas internacionais en numerosas ocasións, no Congreso. ‘A última, -lembra- foi esta semana, a través dunha interpelación á Ministra de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, Elena Espinosa. Pero nin a palabra dada do presidente do Goberno, en 2006, a unha cuestión parlamentaria, nin a proposta de resolución aprobada en 2007, na Cámara baixa, surtiu efecto’. 

Para Joaquín García Díez non é de recibo que tras este secuestro,   e co agravante do anuncio de Al Qaeda de atacar aos intereses occidentais na zona, o Goberno central ordene o regreso a Ferrol da única fragata española que serviu de apoio ao Playa de Bakio, a Méndez Núñez, cando a Comisión Europea está traballando en crear unha forza de colaboración entre os países membros para prestar apoio entre os países membros, con todos os buques de guerra, na zona. 

Diante desta situación de perigo máximo, o voceiro popular avanza que ‘as medidas que se adopten desde o Goberno central contarán co total apoio do Partido Popular’.