Partido Popular de Lugo

O PARTIDO POPULAR INSTA Ó PSOE A CUMPRIR AS PROMESAS ELECTORAIS FEITAS EN SARRIA

Sarria, a 16 de maio de 2008.- As “promesas incumplidas” con Sarria por parte dos responsables da Xunta de Galicia e o do Goberno central foi un dos asuntos que centrou a reunión de traballo celebrada polo Grupo municipal do Partido Popular que encabeza José Antonio García co Presidente Provincial José Manuel Barreiro. Unha xuntaza na que tamén particaron, entre outros cargos do partido, o presidente local Fernando Carlos Rodríguez, o secretario xeral José Manuel Balseiro e a deputada autonómica Carmen Janet Salgado. 

Para os populares é “moi grave” que a ampliación do polígono industrial de O Mourelle leve preto de cinco anos paralizada porque, segundo recalcan, “é un dos moitos proxectos comprometidos polo Goberno do PP que acabou metido nun caixón coa chegada de Zapatero á Moncloa”. 

A xuizo dos populares a parálise da segunda fase de urbanización do parque industrial está a repercutir negativamente no crecemento económico de Sarria e, por extensión, da comarca, xa que impide a expansión das empresas xa instaladas e a posibilidade de que outras novas opten pola vila para desenvolver a súa actividade. José Manuel Barreiro lembrou que ésta foi unha promesa reiterada polos socialistas nas últimas citas electorais. 

En parecida situación se atopa o plan de encauzamento do río Sarria. “Hai algo máis dun ano prometeron adicar a esta obra, imprescindible para a ordenación urbanística da vila e para a realización doutros proxectos tamén anunciados como a mellora do centro de saúde,   dez millóns de euros. Pero aquí aínda non chegou nin un euro”, explicou Barreiro. 

As promesas electorais realizadas dende a Xunta correron igual sorte que as do Goberno central. “A piscina climatizada non ten nin sequera proxecto feito cando o anterior goberno municipal tiña comprometido xa a financiación e os terreos”, lembrou Barreiro. 

Para os populares tamén resulta algo “chocante e difícil de explicar” que, despois “da guerra entablada polos socialistas contra o PP”, para o desdoblamento en autovía do corredor Nadel-Sarria, “agora que teñen a oportunidade de converter en realidade a reivindicación que daquela consideraban irrenunciable non se faga nada ó repecto e incluso que a construcción da circunvalación sur, que conectaría este vial co polígono industrial, leve máis dun ano paralizado”. 

“Os socialistas teñen que deixar de facer demagoxia, de botar balóns fora, é cumprir dunha vez o que prometeron”, concluiu o Presidente provincial do PP.  

No encontro celebrado polos populares en Sarria tamén se abordou, entre outros asuntos, o establecemento dunha estratexia común de actuación para os vindeiros meses e coa vista posta na próxima cita electoral autonómica.