Lugo, a 14 de maio de 2008.- O Grupo Provincial do Partido Popular considera que o Presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, non é quen para xulgar á Deputación de Lugo, e máxime cando a súa xestión na provincia de A Coruña “ten luces e sombras”.
O GPPP considera que “a fluidez e cordialidade nas relacións entre administracións é importante e positivo para todos”, pero lamenta que “Fernández Moreda e Gómez Besteiro perderan no seu encontro de onte a oportunidade de actuar institucionalmente e non en clave partidista”.
Os populares lamentan que a “cortesía institucional” da que se fixo gala onte non se faga extensible a outros ámbitos “nos que os resultados serían moito máis productivos”. Lembran, por exemplo, que os rexedores de moitos concellos afectados polo canon hidroeléctrico levan meses agardando ser recibidos polo Presidente da Deputación ou que, “dado que tanto se apela á colaboración, non estaría de máis que priorizara manter unha xuntanza co seu homólogo de Ourense, fundamentalmente porque ambas institucións teñen intereses comúns como pode ser a promoción da Ribeira Sacra”.
O voceiro adxunto do GPPP, José María González Barcia, discrepa con Moreda sobre a “transformación” da que, segundo el, foi obxecto a Deputacion de Lugo. “A non ser que se referira ó cambio estético, do que é bo exemplo a poda levada a cabo nas árboles, non vexo ningunha razón para alabar o que se está a facer na Deputación, máis ben ó contrario, é de lamentar a parálise absoluta na que se atopa a actividade provincial, ó contrario do que acontecía, aínda que lles pese, co goberno do PP. Daquela as xuntas de goberno e os plenos tiñan contido e esencia”.
“Como ben recoñeceu o propio Besteiro, a visita de onte foi unha escenificación, nada máis, porque pouco ou nada vai reportar ós veciños da provincia”, engadiu.
González Barcia tamén se referiu ás declaracións realizadas polo Presidente Besteiro nun medio de comunicación local sobre a comarcalización dos parques de bombeiros. “Non pode pretender convencernos de que o feito de que a Deputación vaia a asumir a metade do custo de construcción e mantemento dos parques é froito da súa xenerosidade porque non é verdade. É simplemente acatar e cumplir a Lei de Emerxencias, é dicir, asumir as responsabilidades derivadas do seu cargo que, polo momento, no que atinxe a explicar e concretar qué se vai a facer cos bombeiros de Monforte e Lugo, non fixo”.
Barcia tamén lamenta a falta de concreción do presidente provincial no que atinxe á xestión medioambiental. “Besteiro non aclara cómo se van a impulsar os consorcios vixentes nos que se combinan criterios turísticos e medioambientais, como pode ser o caso dos Ancares e a Ribeira Sacra, o cal vai ser o papel da Deputación na xestión dos residuos sólidos urbanos naqueles concellos que seguen a ter problemas con este asunto pese a que el comprometeuse a solucionalo o pasado mes de decembro”.