Partido Popular de Lugo

O PPdeG REITERA QUE A VICEPRESIDENCIA AMEAZA AOS ALCALDES PARA FORZALOS A ENTRAR NO CORSORCIO E REITERA QUE OS CONCELLOS CARECEN DE PRESUPOSTO SUFICIENTE PARA FINANCIAR OS SERVIZOS SOCIAIS

Santiago, 12 de maio de 2008.- Os alcaldes do Partido Popular seguen presentado a día de hoxe a mesma carencia que días atrás; é dicir carecen dos cartos suficientes para garantir a prestación de servizos sociais nos seus concellos mentres que a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar lles impón un dobre raseiro: a Xunta só financia eses centros a cambio de que os municipios lles cedan o control político. 

O portavoz parlamentario do PPdeG, Manuel Ruiz Rivas, volveu denunciar hoxe, as ameazas das que son obxecto os concellos, na medida en que a Xunta está reducindo as convocatorias de subvencións para converter aos convenios nunha  das únicas vías das administracións locais para acceder a recursos financeiros no ámbito social. 

Nunha rolda de prensa celebrada este mediodía no Parlamento, o portavoz do Grupo Popular apuntou que coas ameazas aos alcaldes para forzar a súa incorporación ao Consorcio de Servizos Sociais, a Vicepresidencia nacionalista obriga aos rexedores a elixir entre ter garantidos determinados investimentos a cambio de ceder o control político ou estar afectados polo “frío permanente” sen proxectos de ningún tipo.

ALCALDES.- Ruiz Rivas engadiu que a Vicepresidencia nacionalista manipulou as cartas que lle enviaron recentemente dos alcaldes do Partido Popular, xa que o rexedor de Antas de Ulla trataba de demostrarlle a Quintana que non existen razóns para que este se sinta insultado, mantén todalas afirmcións que fixo e se disculpa polas formas pero non polo fondo. O rexedor de O Rosal insiste en ofrecer colaboración institucional á Vicepresidencia, que é o que se pediu na rolda de prensa, colaboración sen imposición. 

Pola súa banda, o de Vilamartín de Valdeorras, non participou na reunión que supostamente incomodou a Quintana e, polo tanto, non semella lóxico que se interpreta que se desmarca dunha postura da que non tomou parte. 

Paralelamente, o portavoz parlamentario do PPdeG subliñou que a actitude amosada por Anxo Quintana non resulta nova para o Goberno bipartito, que xa ao comezo da actual lexislatura anulara numerosos convenios nos que se acordaba o financiamento de  obras de ámbito rural por parte das consellerías de Medio Rural e Medio Ambiente, a pesar de que algunhas das actuacións xa foran licitadas e mesmo adxudicadas.