Lugo, a 12 de maio de 2008.- O alcalde de Antas de Ulla, Javier Varela, ante as informacións publicadas en varios medios de comunicación, fai as seguintes matizacións.
Primeiro: Que na carta que enviou ó Vicepresidente da Xunta de Galicia asume a autoría da frase “mafia siciliana” aínda que puntualizando que realizouna nun contexto moi concreto, facendo de feito referencia explícita á película “El Padrino”, e como argumentación para asegurar que no plantexamento feito dende Vicepresidencia non se daba opción a nada. “É dicir, que ou se aceptaba esa proposta ou nos quedabamos sen financiación para o mantenemento da gardería municipal. En ningún caso”, recalca o rexidor, “se empregou a frase como insulto”.
“Esa intención”, engade Javier Varela, “foi perfectamente matizada na rolda de prensa ofrecida o pasado mércores en Lugo en compaña do Presidente provincial do Partido Popular para valorar a carta enviada por Vicepresidencia”.
Segundo: Na misiva o alcalde de Antas de Ulla discúlpase exclusivamente pola utilización desa frase e para que “o Sr. Quintana non poida seguir empregandoa como argumentación para xustificar a súa pretensión de deixar sen validez o convenio suscrito en Santiago o día 29 de abril”.
Terceiro: A petición de disculpas restrínxese únicamente á forma, é dicir, ó emprego da frase extraída da referida película, pero en ningún caso, como se afirma errónea ou tendenciosamente nas informacións aparecidas en varios medios de comunicación, á forma. “Non me desdigo de ningunha das críticas realizadas sobre o convenio suscrito con Vicepresidencia no que atinxe a que vai contra a autonomía municipal e en que é un modelo impositivo, e tampouco na crítica realizada á propia carta remitida polo Sr. Quintana, tanto polo tono empregado nela como polo inusual de que, ante a manifestación dunhas opinións contrarias ó plantexamento da rede de Galescolas, dende Vicepresidencia se pretenda unilateralemente deixar sen validez un convenio legalmente suscrito e, polo tanto, vixente”.
Cuarto: Na carta remitida o pasado 8 de maio ó Vicepresidente da Xunta faise tamén referencia á paralización na que se atopa a residencia da terceira idade de Antas de Ulla. Unha cuestión da que o alcalde de Antas de Ulla falou durante a rolda de prensa do pasado día 7 en Lugo e na que reitera que a resolución deste problema está pendente porque non se ve disposición por parte da Xunta de solventalo. “En tres anos non se avanzou nada”, apuntillou.
Quinto: Javier Varela indica, por último, que a invitación a participar na Festa dos Maiores que se celebrará en Antas de Ulla o vindeiro día 15 deste mes hai que entendelo dentro da normal e correcta relación entre dúas institucións e en ningún caso, como se deixa entrever nas informacións, como unha maneira de dar marcha atrás o desdecirse das críticas realizadas sobre o tema da Galescola. “Son cuestións totalmente distintas”, recalca o rexidor de Antas. “Aproveito a ocasión para dar forma oficial a unha invitación que, como xa indico na carta, realizar de xeito informal o pasado día 29 de abril”, puntualiza.