Partido Popular de Lugo

BARREIRO: “O CONCELLO DE PORTOMARÍN PERDEU UN ANO POR CULPA DA NULA XESTIÓN DA ALCALDESA SOCIALISTA”

Portomarín, a 11 de maio de 2008.- “Un ano perdido”. Ese é o balance que se pode facer da xestión da alcaldesa de Portomarín, segundo asegurou o Presidente provincial do Partido Popular José Manuel Barreiro durante a reunión de traballo que mantivo cos integrantes do grupo municipal popular, que encabeza Juan Serrano, e a que tamén asistiu o Secretario xeral do partido José Manuel Balseiro. 

No encontro, no que ademais de analizar a situación política existente no municipio, establecéronse as pautas comúns básicas de actuación para os vindeiros meses, saiu a relucir, segundo os populares, “a nula capacidade para gobernar demostrada pola alcaldesa que non foi capaz de conseguir ningunha inversión importante para o municipio ou a mellora dalgún servicio”. 

“O único que soubo facer a Sra. Rodríguez ata agora é despilfarrar os activos económicos que herdou do goberno anterior”, apuntillou Barreiro, que aproveitou para lembrar que “o goberno de progreso que se anunciara é un fraude e está tan vacío de contido que ata o momento non foi capaz nin de xerrar fume”.  

En opinión dos populares, na actuación do equipo que lidera Silvia Rodríguez non se segue ningún criterio e eso ten un nome: desgoberno. 

“O anterior goberno da Xunta asumira importantes compromisos con Portomarín que agora quedaron en nada e, de seguir as cousas como van, na vez dun ano perdido será toda unha lexislatura perdida”, engadiu Barreiro.