Paradela, 10 de maio de 2008.- O Partido Popular retomou en Paradela, tras o paréntese ó que obrigou a celebración das pasadas eleccións Xerais, o proceso de renovación dos comités locais iniciado xa o pasado ano e que ten como obxectivo principal reforzar a estructura interna do partido.
Os populares queren, seguindo unha filosofía de traballo promovida polo executiva provincial que lidera José Manuel Barreiro, que nos órganos directivos da formación a nivel local estén representadas todas as sensibilidades existentes no partido para que, coa aportación de todos, se enriqueza e fortaleza o proxecto político común.
Neste senso Barreiro reiterou que éste “é un proceso de aglutinación do que formarán parte todos aqueles que teñan interese, vontade política e gañas de traballar”.
“O partido no seu conxunto, e en particular as persoas que o integramos, temos que ser capaces de transmitir ó resto da sociedade os valores e conceptos que temos e defendemos, pero tamén ser capaces de incorporar as propostas que nos fagan dende fora. Temos que enriquecer á sociedade co noso programa, coa nosa maneira de enteder a política, a economía ou calquer outro ámbito da vida, pero tamén enriquecer ese programa coas aportacións que nos fagan dende fora do partido. Temos que ser sensibles ás necesidades e as demandas que nos plantexe a sociedade, o electorado en xeral”, engadiu.
Esta apertura “hacia dentro e hacia fora” ten a firme aspiración de lograr a aproximación a sectores de poboación que tradicionalmente non se atopan na órbita política do Partido Popular. “Entre todos temos que facer un partido máis plural, aberto a todas as sensiblidades, acorde cos tempos. Un partido, en definitiva, totalmente renovado, cunha mensaxe e cun equipo de persoas que sexan o fiel reflexo do contexto no que vivimos”, dixo.
Durante o pasado ano renováronse as executivas locais de preto dunha treintena de municipios da provincia de Lugo, ós que se suma agora Paradela e, en próximas datas, Folgoso do Courel, Bóveda ou Ribas do Sil, entre outros.
EXECUTIVA PARADELA.- A única candidatura que optaba á elección e que foi respaldada por unanimidade está encabezada polo tamén alcalde da localidade José Manuel Mato e plantéxase, entre os seus principais obxectivos, ampliar a afiliación (neste intre rondan os 150) e crear xuntas parroquiais que permitan á estructura orgánica do partido ter maior contacto e máis directo cos afiliados e cos veciños en xeral.
Poñer en marcha un boletín, que en principio terá periodicidade mensual, baixo o nome E logo ti non o sabías oh? para distribuir entre todos os veciños e non só entre os simpatizantes do PP no que se dará conta das novas do partido, así como das administracións, é outra das iniciativas que porá en marcha a nova executiva.
A éstas hai que engadir tamén a creación de diversos grupos de traballo que se encargarán de dinamizar a actividade lúdica do municipio en todos os ámbitos e como complemento á que xa está a ofrecer o concello. Aínda que estarán dirixidas a todos os sectores da poboación, poñerase especial énfase na terceira idade.
José Manuel Mato salientou asimesmo que a nova executiva do PP de Paradela está integrada por xente nova e veterana (inclúe tamén algún membro do equipo de goberno municipal), no que á militancia do partido se refire, pero moi xove no que respecta á media de idade. Recalcou asimismo que nela hai representación de todos os sectores sociais, productivos e territoriais do municipio.
Xunto con Mato Díaz, integran a nova xunta local popular Monserrat Mulet, Rocío Domínguez, José Antonio Rodríguez, Manuel Regueiro, Antonio Rodríguez, María Teresa Veiga, Eliseo López, Teresa Rodríguez, José Luis Sánchez, Ramiro Rodríguez, Gerardo Fernández e Juan Carlos Abella.
O Presidente do PP de Paradela tamén salientou que por primeira vez se constituira o comité executivo de Novas Xeracións. “Esta conformado por xente moi preparada e con moitas ganas de traballar e ilusión”, asegurou.
Á asamblea xeral celebrada en Paradela asistiron, ademais do Presidente provincia José Manuel Barreiro, o Secretario xeral José Manuel Balseiro e o Presidente de Novas Xeracións na provincia Antonio Basanta, entre outros.