Partido Popular de Lugo

O PP ACUSA Á ALCALDESA DE GUITIRIZ DE NON INTERCEDER POLOS EMPREGADOS DE INGEMARGA ANTE A CONSELLERÍA DE TRABALLO

Guitiriz, a 9 de maio de 2008.- O Presidente provincial do PP mantivo unha reunión co grupo municipal popular de Guitiriz, que encabeza María José Vázquez, para, ademais de analizar os principais asuntos que centran a actualidade municipal, establecer criterios comúns de actuación e valorar os resultados das pasadas eleccións Xerais. 

Neste último aspecto José Manuel Barreiro, que acudiu ó encontro acompañado do Secretario xeral José Manuel Balseiro, salientou que o PP nos comicios do 9-M mellorou en 17 puntos os resultados logrados nas pasadas municipais e que incluso, con respecto ás Xerais de 2004 incrementou o respaldo electoral. 

O líder provincial dos populares puxo de manifesto que durante os algo máis de cinco anos que ó PSOE leva ó fronte do Goberno local non se acometeu no municipio ningunha obra de transcendencia. “Fíxose máis no último ano de goberno do PP que nos cinco que leva o PSOE”, asegurou, ó tempo que se preguntou, “facendo comparación das diferentes xestións e, sobre todo, das actuacións levadas a cabo, qué ventaxas obtivo Guitiriz ó darlle ós socialistas a maioría absoluta”. 

Barreiro tamén se amosou preocupado polo futuro da treintena de traballadores despedidos pola empresa Ingemarga e reprochoulle a alcaldesa Regina Polín que, despois de que a corporación aprobara por unanimidade unha moción para respaldalos nas súas demandas, non se volvera a preocupar por eles.  

“Non atendeu a súa demanda de que intercedera por eles ante o seu compañeiro de partido e responsable da Consellería de Traballo Ricardo Varela, e eso é moi grave porque pon en evidencia o interese da alcaldesa por defender os intereses dos seus veciños e sobre todo, por asegurar un dos bens máis preciados nestes tempos como é o traballo”, engadiu. 

Barreiro tamén se fixo eco dunha critica reiterada por parte do grupo municipal sobre as dificultades que a máxima responsable do Concello lles pon para acceder á documentación municipal. “Esa actitude pon de manifesto a súa maneira de enteder a actividade política, pero non por poñer problemas vai a conseguir que o PP deixe de facer o traballo que lle correspode como oposición”, indicou.