Partido Popular de Lugo

CASTIÑEIRA: “A XUNTA CHEGA A TAL EXTREMO QUE NOS IMPÓN EN QUÉ LADO DA NOSA CASA TEMOS QUE POÑER O SALÓN”

Monforte, a 9 de maio de 2008.- O deputado autonómico Jaime Castiñeira preguntouse hoxe en Monforte “en qué cabeza cabe, fora das mentes pensantes que redactaron a norma do Hábitat, que unha Administración pretenda impoñer en qué lado da nosa casa temos que poñer o salón”. 

Deste xeito quixo chamar a atención sobre un dos aspectos do decreto impulsado dende o Goberno da Xunta que, ó seu entender, “vai en contra do sentido común”: a obrigatoriedade de que o salón da casa non pode estar orientado ó norte para garantir así que teña, como mínimo, unha hora diaria de sol directa durante o mes de decembro. 

“Este requisito obrigará, por exemplo, que no lado norte do Monte de San Vicente unha das pezas máis importantes da casa, como é o salón, teña que orientarse hacia o propio monte ou que en moitos puntos da Ribeira Sacra na vez de mirar ós socalcos ou o río e disfrutar da paisaxe, teñemos que poñernos de costas. E esto é extensible á ribeira do Cabe e incluso a algúns puntos do Campo da Compañía”, explicou. 

Fixo referencia tamén, “dado que na Zona Sur son maioritarios os concellos pequenos que teñen unha porcentaxe importante de población fora do casco urbano”, á contradicción detectada na norma de que mentres por un lado fálase de proteXer a vivenda rural, por outro fíxanse subvencións para as cubertas planas e axardinadas. 

Tamén resulta “curioso” que se obligue a facer un depósito para as denominadas “augas grises” para promover a súa reciclaxe e a súa reutilización no inodoro, co conseguinte gasto extra porque haberá que poñer un sistema de bombeo adicional, cando, en moitos dos concellos deste entorno están os pozos ou os manantiais perdendo auga boa parte do ano. “Esta medida pode ser moi boa para determinadas zonas ou cidades de Galicia, pero eiquí non ten moito sentido”, explicou. 

UN DECRETO CHEO DE OCURRENCIAS.- Castiñeira, que durante a súa comparacencia ante os medios estivo acompañado da deputada autonómica Susana López e dos alcaldes e voceiros de varios concellos da Zona Sur, puxo de manifesto con estes exemplos que algúns dos parámetros da norma do Hábitat son “absurdos”, ó tempo que salientou reiteradamente que “é lóxico que agora nos atopemos con estes despropósitos se os encargados da redacción da norma non se tomaron a molestia de aconsellarse con ninguén”. 

As “ocurrencias” fixadas no decreto, como que as portas teñan que medir ata vinte centímetros máis  que a medida estándar aplicable en toda España, que só poida ubicarse, como excepcionalidade, un dormitorio ó patio de luces ou que a altura máxima da parte inferior da ventá non supere os 45 centímetros, van ademáis a afectar  negativamente ó peto de todos os galegos. O incremento do precio dos pisos, recalcou Castiñeira, situarase entre un 25 ou un 30 por cento. “Os máis perxudicados van a ser os usarios e aquelas persoas que queiran facer unha vivenda”, engadiu. 

Salientou tamén, ademais da hipocresía do PSOE por recoñecer que está en desacordo coa norma e, ó tempo, permitir a súa entrada en vigor, que este decreto atenta contra a autonomía local. “Supón unha intromisión nos planeamentos urbanísticos aprobados e en vigor nos concellos ó alterar a edificabilidade e usos aprobados e, como consecuencia, paralizará ou retrasar, no mellor dos casos, os plans de ordenación que se están a redactar”, dixo. 

“O PP é partidario de asegurar a calidade das vivendas pero non a calquer precio e pola vía da imposición”, recalcou, ó tempo que asegurou que o seu partido seguirá reclamando a derogación do decreto e que se inicie un proceso de negociación coa Fegamp e con todos os sectores implicados para facer “unha norma na que prime o sentido común”.