Santiago, 8 de maio de 2008.- O voceiro de Sanidade do Grupo Popular. Miguel Santalices, e o tamén deputado José Manuel Balseiro, reitera a degradación que está a sufrir o sistema sanitario na comarca da Mariña lucense logo de que o departamento que dirixe Maria José Rubio Vidal defendera a xestión que se está a levar a cabo no Hospital da Costa.
Como mostra deste proceso de degradación da sanidade pública na Mariña, o PPdeG fai público un documento que pon en evidencia as longas listas de espera que se rexistran nalgunhas especialidades médicas como é o caso da consulta de cardioloxía. Dezasete meses separan a data de solicitude da proba -ecocardiografía- (11/05/2007) da data final na que terá lugar a exploración (22/10/2008).
A xuízo de Miguel Santalices, a Consellería de Sanidade “non é que non queira, senón que non pode entrar nunha guerra de cifras co PPdeG, porque os datos utilizados por nós son os oficiais, achegados pola propia Consellería, e que poden ser consultados na páxina web do SERGAS”. O voceiro popular nega que se rexistrara unha redución dos tempos de espera, tal e como afirman desde o SERGAS.
Como exemplo, o PPdeG lembra que a demora media rexistrada no Hospital da Costa para acceder ás consultas dos especialistas empeorou, incrementándose de 69 días con data 31 de decembro de 2007, ata 77 con data 31 de marzo de 2008.
Por outra banda, o deputado popular recorda que tras tres anos de xestión do Goberno bipartito na Xunta, “rexístranse datos moi preocupantes e negativos” respecto de varias especialidades nas que, lonxe de mellorar, “incrementáronse as listas de espera”. Así acontece nas consultas de cardioloxía (+56 días), medicina interna (+34 días), dermatoloxía (+53 días), endocrinoloxía (+ 18 días), oftalmoloxía (+21 días) e uroloxía (+ 33 días)
SERVIZOS
|
Tempo medio de espera HOSPITAL DA COSTA 2008 Marzo
|
Tempo medio de espera HOSPITAL DA COSTA 06/2005
|
Difrencia espera media 2007/2005 Htal da Costa
|
CARDIOLOXIA
|
91
|
35
|
+ 56
|
MEDICINA INTERNA
|
46
|
12
|
+ 34
|
UROLOXIA
|
89
|
56
|
+ 33
|
OFTANMOLOXÍA
|
115
|
94
|
+ 21
|
DERMATOLOXIA
|
70
|
17
|
+ 53
|
ENDOCRINOLOXÍA
|
74
|
56
|
+ 18
|
|
dias
|
días
|
dias
|
O PPdeG, IMPULSOR DE TODAS AS MELLORAS NO HOSPITAL.- O PPdeG tamén rexeita as críticas efectuadas desde a Consellería nas que afirmaba que na época de Goberno autonómico do PPdeG o Hospital da Costa estaba abandonado, e lémbralles aos responsables de Sanidade que “todas e cantas reformas se fixeron neste centro hospitalario, foron efectuadas polo Executivo autonómico popular”.
FALTA DE INVESTIMENTOS.- Finalmente, Santalices Vieira negou tamén que a Consellería de Sanidade teña investido todo o que afirma no Hospital da Costa. Como mostra disto, achega unha resposta parlamentaria que lle foi remitida pola Xunta, na que Sanidade recoñece que a partida orzamentaria de un millón de euros previstos nos presupostos do 2007 para reformas diversas neste centro, “rexistraba unha execución do 0% a data 31 de decembro de 2007” –peche do pasado exercicio orzamentario-. “Isto é, non se tiña investido nin un só euro” recalca Santalices.
Para o PPdeG quen de verdade desprestixia a sanidade mariñá é a actual Xunta de Galicia, “coa súa manifesta incapacidade de xestión”. Desta situación -afirma o deputado popular- son moi conscientes todos os usuarios do centro hospitalario de Burela.