Santiago de Compostela, 7 de maio de 2008-. O secretario xeral do PPdeG informou esta mañá que o vicepresidente da Xunta remitiu unha carta a tódolos alcaldes do PP que a pasada semana criticaron os métodos cos que a Xunta lles presionaba para incorporarse ao Consorcio de Servicios Sociais. Nesa carta, Anxo Quintaba informaba de que daba por zanxado o convenio firmado fai días con eles, manifestaba que o pago de axudas autonómicas a estos concellos sería revisado de inmediato, ao tempo que decía sentirse ofendido por as críticas vertidas por estos alcaldes.
Alfonso Rueda amosouse sorprendido de que o vicepresidente da Xunta actúe deste xeito tras un calentón e lembrou que, como político, debería de estar acostumado ás críticas; e máis él, que cando era portavoz na oposición empregaba insultos como “corrupto” ou “cacique” para dirixirse ao antigo presidente da Xunta, Manuel Fraga.
O secretario dos populares galegos defendeu o dereito á crítica que teñen os alcaldes de calquer partido, e máis ainda “cando ésta se produce para sair en defensa dos intereses dos veciños que elexiron democráticamente a estos alcaldes”.
Os rexidores do PPdeG denunciaron que Vicepresidencia lles telefoneaba varias veces ao mes para pedirlles insistentemente que accedesen a formar parte do Consorcio. De non facelo, non recibirían axudas por parte da Xunta para poñer en marcha unha gardería infantil e un centro de día. Esta actitude foi calificada polos alcaldes do PP como “chantaxista”, algo que hoxe manteñen.
En todo caso, unha carta non pode ser válida para cancelar un convenio vixente, e o vicepresidente debería ser máis cuidadoso no respeito aos procedementos que marca o dereito administrativo. “Non estamos dispostos a permitir que un calentón de Quintana vaia a significar un castigo para os veciños destos concellos”, dixo Rueda.
O secretario xeral dos populares engadiu que a Xunta está obrigada a pagar as axudas firmadas nese convenio, e que de non facelo os municipios poderían recurrir dita situación do xeito que consideren oportuno. En todo caso, de non pagar, Quintana estaría incurrindo nun incumprimiento máis da sua palabra. O derradeiro foi garantizar que os concellos serían os que xestionasen os centros de día e as garderías instaladas nos seus térmos municipais. Iso é algo irreal, posto que a entrada no Consorcio significa ceder a xestión de ditas instalacións á Vicepresidencia. É dicir, so se conceden as axudas se pos o destino e a xestión dos centros nas suas mans. Senon, asfixia económica.
Rueda informou tamén que os alcaldes responderán ao vicepresidente, ao tempo que pedirán amparo á Fegamp, unha institución que, por certo, fai tempo que pidió ten solicitada unha reunión con Vicepresidente para falar do modelo de Consorcio pero que ainda o señor Quintana non aceptou.
En todo caso, se ese modelo segue sendo o que amosou a carta de Quintana, basado en que se queda sen fondos aquel que no entra no Consorcio, sempre terá ao Partido Popular en contra.
Rueda invitou a Touriño a que manifeste públicamente a sua opinión sobre este asunto e aclare se aproba ou condea estas prácticas. En todo caso, amosouse sorprendido de que Quintana encaje con tan mal pé as críticas. “Se foran tan susceptibles no PSdeG xa se tería roto o pacto de Goberno tras as perlas que lle dedicou a ese partido Calos Aymerch fai poucos días”.