Partido Popular de Lugo

BARREIRO: “QUINTANA UTILIZA O DIÑEIRO PÚBLICO PARA CHANTEXEAR ÓS QUE NON COMULGAN COAS SÚAS IDEAS”

Lugo, a 7 de maio de 2008.- “Ninguén, nin sequera o Vicepresidente da Xunta, pode otorgarse a capacidade de saltarse o cumplimento da lexislación vixente e decidir, pola súa conta e risco, que un convenio, debidamente asinado, deixa de ter validez porque non lle gustaron as valoracións que realizaron algúns alcaldes sobre a rede de Galescolas”, asegurou hoxe o Presidente provincial do Partido Popular, que comparaceu ante os medios de comunicación xunto con un dos rexidores afectados, o de Antas de Ulla. 

Pretender tomar este tipo de represalias contra alguén que lexítimamente representa os intereses dos veciños dun municipio, esgrimindo para elo, como único argumento, que non lle gustou a crítica política que realizou e á que está autorizado, ademais, polo desempeño do seu cargo, pon de manifesto, ó enteder de José Manuel Barreiro, “o alto concepto de democracia que ten o Sr. Quintana”. 

 

“É intolerable que alguén que ostenta un cargo desta responsabilidade, e que cando estaba na oposición non se caracterizaba precisamente polas boas maneiras, pretenda actuar deste xeito e quedar impune”, engadiu.  

O novo modelo de relación institucional cos concellos ó que fai rerencia Quintana na súa misiva redúcese, segundo Barreiro, a unha actitude prepotente na que pretende que só sexa válido o seu criterio e os que non o acaten, quedan excluidos. 

Para o rexidor de Antas de Ulla, Javier Varela, a reacción do Vicepresidente é “inusitada e incumpre as regras básicas do xogo político”. 

“Dicir que as Galescolas van en contra da autonomía dos concellos, dado que nos arrebata a súa xestión directa, ou que é un modelo impositivo, xa que non se nos plantexa outra alternativa e é moi difícil que a administración local poida asumir en solitario o custo  do mantemento deste servizo, non creo que poida nin deba ofender a ninguén que está en política e ostenta un cargo político”, explicou. 

Javier Varela fixo mención tamén a que resulta “indignante que alguén que se mostra tan susceptible ás críticas e tan disposto a colaborar cos concellos, olvide o esencial, dotar de servicios asistencias ós municipios que teñen a pirámide de población invertida e non acabe de poñer en marcha a residencia da terceira idade que hai no municipio”.