Partido Popular de Lugo

O PPdeG PARTICIPARÁ NA MANIFESTACIÓN CONVOCADA MAÑÁ EN SANTIAGO PARA RECLAMAR QUE A XUNTA TOME CONCIENCIA ANTE A GRAVE CRISE DO SECTOR PESQUEIRO

Santiago, 6 de maio de 2008.- O Partido Popular de Galicia asume como propias as demandas formuladas por diferentes organizacións profesionais do sector pesqueiro a anuncia que vai tomar parte na manifestacion convocada mañá en santiago para reclamar un cambio de actitude das Administracioins públicas ante a intensa crise na que está sumida esta actividade na Comunidade Autónoma.

José  Manuel Balseiro, portavoz de Pesca do Grupo Popular, recorda que a práctica totalidade das queixas formuladas polos manifestantes –elevado prezo dos combustibles, escasa cotización das capturas, comercialización de peixe foráneo como autóctono, dificultades para atopar tripulantes- xa foron trasladadas polo PPdeG ao Parlamento de Galicia. 

Sen embargo, a intransixencia dos grupos que apoian ao Goberno impediu, ata o de agora, sacar adiante as propostas de apio ao sector formuladas desde o Grupo Popular a partir das demandas recollidas entre os profesionais afectados.

FUXIDA DA CONSELLEIRA.- O PPdeG tamén insta á conselleira de Pesca a que dea a cara ante os manifestantes que se van concentrar mañá nas inmediacións da sede da Xunta en lugar de fuxir cara Bruxelas nunha viaxe que os seus colaboradores lle organizaron a propósito, para alonxala dun escenario comprometido para a supervivencia política de Carman Gallego.

Por iso, ante a perspectiva dunha nova mobilización que se presupón vai ser multitudinaria, Carmen Gallego decantouse pola estratexia dos covardes, escapando de Santiago á busca dunha foto en Bruxelas coa que tentar distraer a atención sobre a difícil situación que atravesa a pesca en Galicia.