Partido Popular de Lugo

CASTIÑEIRA ACUSA Ó PSOE DE HIPOCRESIA: “ESTÁ EN CONTRA DO DECRETO DO HÁBITAT PERO PERMITE A SÚA APLICACIÓN”

Vilalba, a 6 de maio de 2008.- Por qué os galegos imos ter que pagar entre un 25 ou 30 por cento máis polos pisos que se fagan ó amparo do decreto hábitat, preguntouse hoxe en Vilalba o deputado autonómico Jaime Castiñeira durante unha rolda de prensa convocada precisamente para falar dos “perxuizos” que ocasionará a entrada en vigor do decreto Hábitat do bigoberno da Xunta. 

“Este decreto arremete de xeito directo contra a autonomía local”, asegurou Castiñeira, que compareceu ante os medios acompañado do tamén deputado Agustín Baamonde e dos alcaldes e voceiros populares dos concellos colindantes, incluido o rexidor anfitrión Gerardo Criado. 

Segundo salientou Castiñeira o decreto Hábitat supón unha intromisión nos planeamentos urbanísticos aprobados e en vigor nos concellos ó alterar a edificabilidade e usos aprobados. Esto conlevará, segundo salientou, a paralización ou o retraso, no mellor dos casos, dos plans de ordenación que se están a redactar nos concellos. 

POSTURA INCOHERENTE.- Castiñeira fixo referencia na súa exposición ó acontecido onte no pleno do Concello de Lugo como un exemplo da “dobre moral dos socialistas”. Segundo indicou “é moi difícil de entender e tamén de explicar” que o PSOE afirme categóricamente que está en contra dun decreto, “que admita o rodillo da minoría”, e que, ó mesmo tempo, vote en contra da proposta do Partido Popular de solicitar a súa derogación. 

“O lóxico é que se os socialistas admiten que a norma do Hábitat non é a axeitada e non se fixo do xeito que debía, non permita a súa entrada en vigor e promova as rectificacións oportunas e, sobre todo, faga una norma consensuada cos sectores implicados en aras a mellorar a calidade das vivendas”, engadiu. 

“Este é un exemplo de absoluta falta de coherencia política no que priman os intereses partidistas sobre o interese xeral ¿Como se pode entender que esté dacordo co plantexamento do Partido Popular e despois vote en contra”, afirmou . 

ESPECIFICACIÓNS.- O deputado popular tamén fixo referencia a aspectos específicos incluidos na norma que “non teñen ningún sentido” como é o caso de que as portas teñan que medir ata vinte centímetros máis  que a medida estándar aplicable en toda España, “co sobrecusto que esto implicará”; que só poida ubicarse, como excepcionalidade, un dormitorio ó patio de luces ou que nas estancias adicadas a salón haxa que garantir, como mínimo, unha hora de sol directa durante o mes de decembro ou que a altura máxima da parte inferior da ventá non supere os 45 centímetros. 

Fixo referencia tamén a que, no que atinxe ó medio rural, por unha banda fálase da protección da vivienda rural e por outro vaise a subvencionar as cubertas planas e axardinadas. “O que en si mesmo é un contrasentido”, asegurou Castiñeira. 

Tamén resulta “curioso” que se obligue a facer un depósito para as denominadas “augas grises” para promover a súa reciclaxe e a súa reutilización no inodoro, co conseguinte gasto que ocasionará porque van a ter que poñer un sistema de bombeo adicional, cando, en moitas zonas da Terra Chá, están os pozos ou os manantiais perdendo auga. “Unha medida que pode ser moi boa para determinadas zonas ou cidades de Galicia, noutras non es entende a súa aplicación”, explicou. 

DIFÍCIL APLICACIÓN.- Jaime Castiñeira Broz recalcou que a aplicación deste norma vai ser moi difícil e está a atopar a oposición de todos os sectores implicados e “os verdadeiros perxudicasos van a ser os usarios e aquelas persoas que queiran facer unha vivenda”.  

“O PP é partidario de asegurar a calidade das vivendas pero non a calquer precio e pola vía da imposición”, recalcou, “porque un dos primeiros fallos que se lle poden achacar a esta norma é que non se contou con ninguén para facela”. 

Castiñeira insistiu que dende o PP seguirán pedindo a derogación do decreto e que se inicie un proceso de negociación coa Fegamp e con todos os sectores implicados para facer “unha norma na que prime o sentido común”.