Partido Popular de Lugo

O PP INSTA Ó GOBERNO DA XUNTA A CUMPRIR AS PROMESAS ELECTORAIS QUE FIXO EN MONTERROSO

Monterroso, a 5 de maio de 2008.- O Presidente provincial do Partido Popular José Manuel Barreiro mantivo hoxe unha xuntanza co grupo municipal de Monterroso, que encabeza José Rojo, para  analizar a situación na que se atopa o concello e diseñar as liñas estratéxicas básicas de actuación de cara ós vindeiros meses. O encontro asistiu, entre outros responsables do partido, o Secretario xeral José Manuel Balseiro. 

No que atinxe a valoración da situación na que se atopa o municipio, dende o PP critican o abandono do medio rural que, segundo salientaron, “está a caracterizar a política do Goberno municipal que dirixe Antonio Gato”. Segundo puxeron de manifesto os populares durante a xuntanza, as pistas rurales presentan un estado lamentable, cheas de baches. De feito, dende que o acual equipo de goberno tomou posesión non se asfaltou ningun vial novo e, polo momento, descoñécese cándo se vai a proceder a súa reparación. 

O abandono do rural ponse tamén de manifesto, segundo o PP, no feito de que 11 parroquias completas carezan de alcantarillado, e en 14 máis esté sin completar ou só dé servicios a algunhas casas. “Todo esto a pesar de que o Conselleiro de Medio Ambiente prometeu pouco antes das elección municipais que todos os núcleos de Monterroso disporían de saneamento. Unha promesa que o alcalde reiterou en varias ocasións pero por agora a promesas non se cumpriron”, explicou José Manuel Barreiro. 

O caso do abastecemento de auga é similar. A maioría das parroquias non teñen auga da traída e nos lugares onde dispoñen deste servicio detéctanse deficiencias por falla de presión e de caudal. 

O incumplimento dos compromisos adquiridos exténdese ademais, segundo denunciaron dende o PP, ó novo centro médico que o rexidor local anunciou para o 2007. De feito, os orzamentos do 2006 así o prevían, pero a ano pasado nin sequera principou a obra e agora fálase de 2008 como ano de execución do proxecto (así o asegurou o Presidente da Xunta e a propia conselleira de Sanidade antes das eleccións do pasado mes de marzo) pero ata o momento seguen sen darse os pasos precisos para que ese compromiso se convirta en realidade.