Partido Popular de Lugo

O PARTIDO POPULAR PIDE Á XUNTA QUE AXILICE A URBANIZACIÓN DO POLÍGONO INDUSTRIAL DE TABOADA

Taboada, a 5 de maio de 2008.- Impulsar a urbanización do parque empresarial, arranxar a estrada LU-611 no tramo comprendido entre Taboada e Rubián e mellorar a captación de auga da planta potabilizadora. Estas son as principais demandas que o Concello de Taboada ten neste intre plantexadas á Xunta de Galicia sen que, polo momento, recibiran resposta, segundo se puxo de manifesto na xuntanza que celebrou hoxe a agrupación local do partido que lidera Jesús Ramos e na que participaron, entre outros cargos da formación, o Presidente provincial José Manuel Barreiro e o Secretario xeral José Manuel Balseiro. 

Os tres proxectos ós que se fixo referencia no encontro son básicos para o desenvolvemento do municipio. Así, segundo recalcan dende o PP,  a urbanización do polígono industrial está pendente aínda da expropiación dun tercio do terreo e este retraso está a perxudicar a instalación de novas empresas que “poderían optar por ubicarse noutros parques empresariais”. 

Barreiro fixo referencia explícita a Aira, á fábrica de pienso que se está a construir e que será unha das máis importantes de España, tanto pola súa capacidade de producción (450 millóns de quilos ó ano a pleno funcionamento) como pola tecnoloxía punta que vai a empregar, e que surtirá a unha ducia de cooperativas tan relevantes como a chantadina Icos ou a monfortina Val de Lemos. Unha lista que podería verse ampliada en breve dado que outras cooperativas xa mostraron o seu interese por integrarse neste proxecto. 

Dende o PP tampouco se entende o retraso que acumula o arranxo dos 38 quilómetros da estrada LU-611 que discurren entre Taboada e Rubián, dado que nos outros dous tramos deste vial que comunica Palas de Rei con Rubián xa se actuou. Os populares salientan a gran relevancia desta estrada para o Sur de Lugo xa que nela conflúen catro estradas e ademais é a que da servicio ó club náutico e ó albergue municipal. 

Para os populares é difícil de entender a importante reducción orzamentaria realizada pola Consellería de Política Territorial para a redacción deste proxecto con respecto ó previsto por parte do anterior Goberno da Xunta ou incluso a falla de ambición da asistencia técnica contratada na que non se prevé a mellora do trazado senón que se limita ó arranxo do firme. 

José Manuel Barreiro criticou que o responsable da Consellería de Medio Rural aínda “non tivera a ben” recibir ós responsables do Concello para abordar a mellora da captación da auga na planta potabilizadora de Taboada, “tras a petición formal de dúas entrevistas”. 

Dende o PP salientaron que a planta, que fundamentalmente encárgase do abastecemento da capitalidade municipal, é obsoleta e, de feito, cando hai crecidas non é posible garantizar a calidade da auga que chega ás casas. Barreiro lembrou que dende o Concello, co fin de abaratar o custo da obra, incluso propuxo a Medio Rural que a brigada de obras municipal fora a encargada da execución dos traballos, “pero tampouco esta proposta obtivo ningunha resposta por parte da Xunta”.