Lugo, a 5 de maio de 2008.- O senador lucense José Manuel Barreiro coordinará a comisión de Economía e Facenda do Grupo Popular no Senado e asumirá ademais a portavocía de Economía nesta mesma comisión.
Barreiro será tamén vocal nas comisións de Asuntos Iberoamericanos e de Suplicatorios, así como na comisión mixta para a Unión Europea.
Pola súa banda, Armando Castosa asumirá a secretaría segunda da comisión para as Administracións Públicas da Cámara Alta, e será vocal da comisión mixta para a relación co Tribunal de Contas e da comisión de Entidades Locais.
María del Carmen Gueimunde será secretaria segunda na comisión de Cultura, e vocal na comisión mixta para o estudio do problema das drogas, así como na de Ciencia e Innovación.