Partido Popular de Lugo

O PARTIDO POPULAR ACUSA Ó BIGOBERNO DE A PASTORIZA DE TER PARALIZADO O CONCELLO

A Pastoriza, a 28 de abril de 2008.- O Presidente Provincial do PP José Manuel Barreiro, acompañado do Secretario Xeral José Manuel Balseiro, mantivo hoxe unha xuntanza co grupo municipal popular de A Pastoriza, que encabeza Arcadio López, así como con afiliados e simpatizantes do partido, para, entre outros asuntos, principiar a organizar o proceso de elección dunha nova executiva local. 

Durante a xuntaza aproveitouse tamén para analizar algúns dos asuntos que neste intre están de actualidade. Neste senso púxose de manifesto a difícil situación pola que está a pasar o sector gandeiro en xeral e na Pastoriza en particular polos problemas xurdidos coa rebaixa dos prezos do leite e o importante incremento do custo de piensos, gasoleo e abonos. 

José Manuel Barreiro reiteron o apoio do seu partido ó sector, indicando que o PP está a presentar iniciativas en todas as institución encamiñadas a paliar esta crise, e que respaldará as movilizacións convocadas para protestar por esta situación. 

Para o PP esta situación é insostible e, polo tanto, é urxente tomar medidas encamiñadas a defender os intereses do sector e para asegurar a supervivencia das explotacións gandeiras que, segundo recalcaron, son básicas na economía da provincia. 

No que atinxe estrictamente a actividade política municipal, ó entender dos populares o bigoberno de A Pastoriza “ten paralizado o concello. Os temas pendentes seguen a estar pendentes e non se avanza nada neles”. 

Así, fixeron mención a varias obras dependentes da Deputación como é o caso da estrada que discurre entre a gasolineira de A Patoriza e Marco de Alvarez, cuxo proxecto e dotación orzamentaria quedou xa ultimado durante o anterior goberno provincial e que está só pendente de sacar a concurso, ou da que une Carrizal con Moncelos. 

O mesmo acontence coa construcción da piscina climatizada (unha obra moi importante para o concello, moi demandada polos veciños e que suporá unha inversión de algo máis de 1,6 millóns de euros, recalcaron dende o PP) e incluso cos accesos á autovía. “Ninguén se preocupou”, critican os populares, “por prever ó enlace coa autovía ó centro de A Pastoriza e o goberno municipal non tenta buscar solucións a este problema”. 

A parálise que está a vivir o concello ponse de manifesto tamén no feito de que a dotación do abastecemento de aguas a varias parroquias do municipio, unha obra que corre por conta da Xunta, despois de levar tres anos de retraso, agora esté avanzando, o entender dos populares, con moita lentitude. “O Concello non se preocupa sequera de axilizar as xestións para poñer canto antes a disposición da Xunta os terreos precisos para a execución das obras”, engaden.  

Dende o PP pregúntanse cánto tardarían en facerse as obras neste concello se os actuais responsables tiveran que xestionalas tendo en conta o que lles costa, neste caso, por exemplo, poñer os terreos a disposición da Xunta. 

E a lentitude da actuación municipal ponse tamén de manifesto, segundo o PP, no feito de que as viviendas sociais de Bretoña foran entregadas recentemente despois de levar un par de anos prácticamente rematadas. “Este retraso supuxo un grave perxuizo para os beneficiarios e de feito so se entregaron cinco das dez viviendas porque o resto dos interesados renunciaron a elas”, explican dende o PP, ó tempo que engaden que agardan que as que están a medio facer en Reigosa non corran a mesma sorte.