Partido Popular de Lugo

O PARTIDO POPULAR DEMANDARÁ ÓS CONCELLOS APOIO INSTITUCIONAR PARA OS GANDEIROS

Lugo, a 26 de abril de 2008.- O Partido Popular de Lugo, ante a gravidade da crise que están a sufrir os sectores lácteo e cárnico na provincia e que está a poñer en serio risco a continuidade de moitas explotacións, dada a importante reducción dos prezos que perciben os gandeiros pola venta da carne e o leite e o salientable subida dos productos básicos precisos para  o seu normal funcionamento, decidiu presentar iniciativas en todos os concellos, ben sexa a través de mocións, rogos ou solicitudes, tendentes a buscar unha solución a esta situación.

Así, o Partido Popular demandará ás corporacións locais que insten  ó Presidente da Xunta de Galicia e a Consellería de Medio Rural a que tomen as medidas oportunas para solventar a situación, así como que a Administración autonómica realice ante o Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Marino, como máximo responsable, as oportunas xestións para que tamén dende Madrid se adopten actuacións urxentes encamiñadas a paliar o problema existente. 

O PP quere tamén que os Concellos respalden e favorezan a participación dos gandeiros na concentración que se vai celebrar en Santiago de Compostela o vindeiro dia 30 para esixir que as administracións competentes tomen cartas no asunto ante as actuacións abusivas e arbitrarias que están a padecer últimamente e que repercuten de xeito directo no prezo do leite e da carne.  Neste senso os populares queren que os concellos financien a contratación de autobuses que permitan a asistencia ó acto de protesta convocado polos sindicatos na capital de Galicia. 

Os populares lucenses recalcan que unhas 10.000 explotacións gandeiras de Lugo se están a ver afectadas pola crise derivada da suba dos piensos e o gasoleo agrícola e a baixa do prezo do leite e a carne. 

Así, salientan que mentres en orixe o prezo do quilo de carne sitúase en pouco más de tres euros e medio e o do leite contabilizou nos últimos meses unha rebaixa de ata 10 céntimos por litro, o pienso duplicou o seu custo, o do abono disparouse e o litro de gasoleo está polos 80 céntimos de euro, o dobre de hai catro anos. 

Para o PP esta situación é insostible para un sector que, xa de por si, traballa cuns marxes de beneficios moi reducidos. É, polo tanto, urxente tomar medidas encamiñadas a defender os intereses dos afectados e para asegurar a supervivencia das explotacións e, consecuentemente, o mantemento dos postos de traballo xa que, lembran os populares, o sector primario é básico na economía da provincia de Lugo.