Partido Popular de Lugo

O GPPP AFIRMA QUE A MARCHA LENTA DE BESTEIRO PARALIZA O FUNCIONAMENTO DA DEPUTACIÓN

Lugo, a 26 de abril de 2008.- O GPPP afirmou hoxe que a “marcha esaxeradamente lenta” que ten o Presidente da Deputación é a causante da parálise que sofre a institución. Algo que se constata, segundo recalcan os populares, no feito de que Sr. Besteiro presidiu únicamente a metade das sesións da xunta de goberno que houbo en xaneiro, febreiro e marzo. É decir, das doce celebradas no primeiro trimestre do ano, presidiu seis.

A única deputada que asistiu a todas as sesións foi Regina Polín; pero Melchor Roel faltou a cinco, Lara Méndez a tres, Martínez a dúas, e Sotuela e Bao a unha; Vega Buján faltou a oito. As demais ausencias contabilizadas polo PP consideranse xustificadas.

Para o PP deste xeito é imposible gobernar porque non hai dedicación. “E non hai dedicación porque das seis ausencias de Besteiro, en só dous casos se atopan xustificacións para tales ausencias: nun caso asistiu a un acto sobre novas tecnoloxías e no outro á colocación da primeira pedra da ronda Este de Lugo” puntualizan dende o grupo popular. 

“Esta desidia é contagiosa”, segundo apuntan dende o PP, “xa que só vemos actividade en certos, poucos, deputados provinciais do bigoberno, porque a maioría comparten ese estado de inacción que ten Besteiro. Así, constatamos que a escaseza de contidos da Xunta de Goberno, e do propio Pleno. Sen ir máis lonxe, o do vindeiro martes, salvo as dúas mocións do PP, e o punto do consorcio de incendios, todo o demais é palla, e só serven de recheo dunha sesión que é semellante a todas as que vimos celebrando”.

Tal inactividade trasládase a todos os ámbitos da vida política da Deputación: retraso na elaboración dos orzamentos, nada se sabe dos contenedores amarelos, o plan turístico é repetitivo para todas as comarcas, falla de mantemento das vías provinciais, retraso no pago das subvencións de comunidades veciñais,…”Para ter transcurridos nove meses, pouco se fixo”. 

Polo tanto, dende o GPPP pídenlle o Presidente da Deputación que se deixe de tanta sesión fotográfica e que comence a adicarse realmente a gobernar. “Xa sabemos que usa a Deputación como trampolín, pero mentres tanto que lle faga un chisquiño de caso ós problemas da provincia, eses que el tanto denunciou e agora tan pouco lle interesan”, engaden os populares.