Partido Popular de Lugo

BARREIRO INSTA Á XUNTA A SOLVENTAR CON URXENCIA OS PROBLEMAS URBANÍSTICOS QUE HAI EN VIVEIRO

Viveiro, a 24 de abril de 2008.- O Presidente provincial do Partido Popular José Manuel Barreiro mantivo hoxe unha reunión de traballo co Grupo municipal popular de Viveiro, encabezado por Guillermo Leal, á que tamén asistiron, ademais do Secretario xeral José Manuel Balseiro e o presidente local César Aja, afiliados e simpatizantes do partido. 

No encontro, a maiores de analizar os resultados das pasadas eleccións xerais e de marcar as liñas estratéxicas básicas do partido de cara ós próximos meses, coa vista posta na vindeira cita electoral, valoráronse varios asuntos de gran transcendencia municipal. 

Un deles refírese á “caótica situación urbanística na que se atopa o concello de Viveiro”, xa que se otorgan licencias de obra ás que son contrarios os informes técnicos municipais e incluso os de Patrimonio. Unha situación da que, segundo recalcou José Manuel Barreiro, está informada a Consellería de Política Territorial sin que, polo momento, tomara cartas no asunto.

Un caso “sangrante” é o que está a acontecer no barrio de Celeiriño, onde cinco familias tiveron xa que ser desaloxadas das súas viviendas polos fallos estructurales aparecidos nos edificios como consecuencia das obras que se está a realizar en edificios colindantes. “A situación é moi grave e nin o Concello nin a Xunta parecen estar dispostos a asumir responsabilidades e, o máis importante, a solucionar o problema de xeito urxente porque estase a poñer en risco a seguridade das persoas”, engadiu o Presidente provincial dos populares.

Tamén está pendente de execución o que “en época electoral se vendera como a primeira obra do corredor do Cantábrico” e que permitiría resolver o cuello de botella que supón a travesía de Viveiro. Barreiro lembrou que no 2005 asignouse unha partida presupuestaria que en teoría ía permitir iniciar este proxecto. Sin embargo, dende aquela, “nunca nada máis se soubo. Resolveuse o problema similar existente en Padrón e Pontedeume pero o de Viveiro nin se solucionou nin hai previsión de que se solucione”.

No que atinxe á construcción do parque de bombeiros ou o polígono industrial, “máis do mesmo”, asegurou Barreiro. “Do parque de bombeiros o único novo, tras varios anos falando do mesmo, é que o Concello puxo a disposición da Xunta os terreos necesarios para a súa ubicación e do polígono industrial, por moi mal que lle sente a algúns, os trámites están no mesmo punto no que os deixou o PP. Asignouse nos orzamentos da Xunta de 2007 unha partida que non se gastou e nos correspondentes a este exercicio estableceuse unha cuantía que increíblemente é a mitade da establecida nos contas do ano pasado”.

En opinión de José Manuel Barreiro a xestión que se está a levar a cabo en Viveiro é “das que se inclúen nos libros de texto como exemplo do que non se debe de facer”.