Lugo, 24 de abril de 2008.- “Todos somos partidarios de ter vivendas máis espaciosas e con máis luz. Pero consideramos que é unha norma na que se optou pola vía da imposición, en lugar de dialogar e negociar previamente con todos os afectados”, deste xeito o Presidente Provincial do Partido Popular, José Manuel Barreiro, anunciaba que nos próximos días os grupos municipais do seu partido presentarán mocións nos seus respectivos concellos para que se inste á Xunta a derogar o decreto do hábitat e consensúe un novo cos actores implicados no sector da vivenda.
Barreiro criticou a falta de autoridade de Touriño que actúa de marioneta do BNG para non perder o seu sillón “que pese ás críticas de moitos dos seus alcaldes, contrarios ó decreto hábitat, deixa que o ninguneen. Está claro que unha minoría de nacionalistas están impoñendo unha norma a un presidente que o único que lle importa é non facer públicas as súas desavenencias cos seus socios de Goberno”.
Os populares queren deixar moi claro a súa defensa da calidade das vivendas “pero cun orde e con sentido común”. Co decreto hábitat do bigoberno da Xunta os que máis perden son as familias máis modestas xa que calquera persoa que quera facer unha reforma na casa terá que pasar o restrictivo filtro desta norma”. Tamén esta norma provoca efectos especialmente gravosos para os que adquiran vivenda nova xa que se calcula que, como media, incrementará o seu prezo entre un 25 e un 30%.
Barreiro explicou, como exemplo deste encarecemento da vivenda, que unha familia que queira adquirir un piso con dous dormitorios, suporá un aumento de entre dez ou once metros cuadrados de superficie que, a un precio medio por metro cuadrado de 1.200 euros, suporá pagar a maiores 12.000 euros.
Lembrou tamén que os propois constructores de Lugo, por boca do seu presidente, dixo que esta norma é imposible de cumplir.
ATENTADO Á AUTONOMÍA LOCAL.- Os populares denunciaron que o decreto hábitat agrede, de forma clara, á autonomía local”: supón unha intromisión ós planeamentos urbanísticos aprobados e en vigor, chegando a alterar a edificabilidade e usos aprobados. Deste xeito as normas que actualmente se atopan en fase de redacción deberán ser revisadas para procurar que se axusten ao novo decreto, o que se traducirá en paralizacións e retrasos adicionais para os concellos
A inxerencia deste decreto chega a tal extremo que mesmo se traslada ós concellos á responsabilidade de velar polo mantemento ó longo da vida útil das vivendas (ART 4, punto 5º). Os populares tamén critican, segundo indicou Barreiro, a nova figura do Comité asesor de habitabilidade. “Crease un novo “chiringuito”, asegurou, que se suma ós moitos que están a xurdir para ordenación do territorio e da paisaxe. “Nós pensamos que os técnicos municipais son capaces de interpretar a normativa”, suliñou.
Na rolda de prensa, compareceron xunto ó Presidente Provincial, José Manuel Barreiro, o secretario xeral, José Manuel Balseiro e o deputado autonómico, Jaime Castiñeira.
ASPECTOS TÉCNICOS.- A esixencia, recollida no decreto de instalar portas específicas para Galicia máis altas, de 2,10 metros, é dicir, dez centímetros máis que a medida estándar aplicable en toda España. Jaime Castiñeira sinalou que esto semella responder a unha manobra do nacionalismo galego para marcar diferenzas respecto ao conxunto de Estado. “Convén ter presente que tal esixencia implicará un sobrecuste engadido e provocará dificultades aos fabricantes e comercializadores que teñen acumulado un stock importante de portas da medida anterior”, asegurou. “Por tanto, haberá que facer portas específicas para Galicia, co incremento do coste correspondente”.
– Tamén se determina que só pode colocarse un dormitorio a patio de luces e como excepcionalidade ¿Como se aplica logo esta normativa en edificiación pechada?, preguntouse o deputado popular
– Nos salóns hai que garantir como mínimo unha hora de sol no mes de decembro. “¿Quen pode garantir en moitas rúas de orientación norte dos nosos pobos iluminación directa do sol? O sol non anda ó ritmo do BNG e do PSOE”.
– A reutilización das augas grises. Nin tan sequera se especifica cales son estas augas grises, lavadora, fregadeiro …
– Desaparecen como espacio aproveitable para vivenda os baixo cubertas. A altura libre superior comprendida entre un metro e medio e 2,40 consume edificabilidade e sin embargo non conta como superficie dun durmitorio ou doutros elementos como armarios. Fae moi dificil os aproveitamentos baixo cuberta que se perderán.
– As terrazas non poden ter máis de tres metros de profundidade.
– A altura máxima da parte inferior da ventá dun salón non pode superar os 45 centímetros.
– Non se entende tampouco o porqué de prohibir a iluminación a través de fiestras na cuberta (velux).
A xuizo do deputado autonómico Jaime Castiñeira Broz trátase dunha normativa que coarta o deseño e de moi difícil posta en práctica, algo que atribúe ó empeño do BNG en que “todos temos que levar o mesmo mandilón, e todos temos que ter unha casa idéntica. A marca identificativa do nacionalismo pode sairnos moi cara”, puntualizou.
Castiñeira lembrou que mesmo o Consello Consultivo establece no seu informe observacións acerca da legalidade desta nova normativa. O deputado autonómico lamenta que o PSOE firmase a norma e sen embargo está en contra dela e non se atreve a derogala ou modificala.