Partido Popular de Lugo

BARREIRO PIDE Á DEPUTACIÓN QUE APOIE ÓS ALUMNOS AFECTADOS POLA SUPRESIÓN DA ESO

Martes, 22 de abril de 2008.- O voceiro do grupo provincial do Partido Popular de Lugo, José Manuel Barreiro, presentou esta mañá unha moción co obxecto de que o Pleno da Deputación inste á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia a paralizar a decisión de suprimir o Primeiro Ciclo de E.S.O. nos concellos de Abadín, Baleira, O Incio, Paradela, Portomarín, Samos e Triacastela .

Barreiro afirmou  que esta medida “ten toda a pinta de ser un capricho da Conselleira de Educación, se ata os seus se manifestaron onte en Lugo en contra dela”, puntualizou. José Manuel Barreiro insistiu en que a supresión do Primeiro Ciclo de E.S.O. que viña funcionando nos CEIPs dos concellos antes citados foi unha medida “sorpresiva, inxusta e que se fixo de costas á comunidade educativa, e sen consultar ós concellos, e o máis importante, sen pensar nos alumnos”.

 

O voceiro do grupo provincial do PP considera que con medidas  coma estas  demostran ás claras o significado que para os socialistas ten o “seu plan de reequilibrio, unha simple declaración de boas intencións”. O BNG tampouco escapou das críticas populares “faltan á verdade cando se presentan como defensores do rural, en vez de apostar para que os seus veciños teñan máis dotacións o que fan é reducilas sen contemplacións, así é como ambos partidos pretenden fixar poboación”.

Para o grupo provincial do Partido Popular é unha contradicción que o bigoberno galego esté potenciando escolas no rural con 5 e 6 cativos e non lles temble o pulso cando se fala de suprimir unidades, algunhas con ata 20 estudiantes. De aplicarse esta medida, na provincia de Lugo pecharían 12 unidades de primer curso da ESO e 14 unidades de segundo curso da ESO.  A consellería aforraría 20 profesores.

135  alumnos afectados.-

José Manuel Barreiro recalcou que a medida que vén de anunciar á Xunta lesiona os intereses de 135 alumnos lucenses de primeiro e segundo da Eso da provincia “obríganlles a facer desprazamentos de ata 45 quilómetros. Estes rapaces están dende ás sete da mañá ata ás tres da tarde sen comer”.

 

A disculpa pedagóxica para facer este cambio e suprimir estas unidades en distintos concellos da provincia carece de fundamento xa que os profesores que lles dan clases no rural teñen a mesma titulación que os do Instituto. Hai que subliñar, ademais, que nos concellos onde se imparte 1º e 2º da ESO a ratio de alumnos en clases permite que o ensino sexa moito máis persoalizado. Unha cousa que preocupa tamén a comunidade escolar e o desarraigo dos mozos e mozas.

 

 

 

O Partido Popular mantén a súa esixencia de paralizar o proceso de supresión destas unidades “é o máis sensato e equilibrado”. A medida está amparada polo Decreto de Organización dos centros no que se apunta que a Consellería manterá esta situación mentres a considere útil “pensamos que é cuestión de sentido común que se dé marcha atrás e confiamos en que á vista da resposta da cidadanía se reconsidere a posta en marcha desta medida”.