Cervantes, 21 de abril de 2008.- O Presidente provincial do Partido Popular José Manuel Barreiro, xunto co Secretario xeral José Manuel Balseiro, reuniuse hoxe en Cervantes con afiliados e simpatizantes para, ademais de analizar asuntos de relevancia municipal e para establecer unha estratexia común de actuación en toda a provincia para os vindeiros meses, analizar os resultados electorais do pasado 9 de marzo neste municipio.
O líder dos populares lucenses loubou o incremento de voto de algo máis do 11 por cento que experimentou o PP neste concello en comparación coas eleccións locais do 2007 e que prácticamente coincide coa baixa (10,72%) que tivo o PSOE ó comparar os resultados de ambas citas electorais. Recoñeceu, sen embargo, que, aínda sendo un bo resultado, en relación coas Xerais de 2004 perdéronse preto dun tres por cento dos votos. Unha circunstancia que segundo dixo, “temos que intentar correxir. Temos que seguir traballando e facelo pensando xa nas Autonómicas do vindeiro ano”.
Un dos temas tratados durante o encontro e que acaparou o maior interese dos asistentes foi a pretensión do Goberno da Xunta de crear un Parque Natural nos Ancares.
O Presidente do PP de Lugo indicou a este respecto que o partido respaldaría a decisión que sobre este particular tomaran os veciños. Neste senso sinalou que o problema que se está a plantexar neste intre non é xa si se está de acordo ou non coa creación desta reserva natural senón coas directrices que se pretenden establecer para a súa xestión.
O interlocutor da Xunta para explicar ós veciños afectados o proxecto, o delegado da Consellería de Medio Ambiente Eduardo Vidal, está a facer un traballo nefasto e pon de relieve a súa falta de coñecemento sobre o asunto. “Está claro que non está a facer ben as cousas porque xerou moitas dúbidas entre todos os veciños dos Ancares e unha sensación de indefensión absoluta ante as decisións que poida adoptar a Xunta”, explicou. “E non axudou nada a aclarar esta situación o feito de que o outro día o Presidente Touriño na súa visita a Navia evitara pronunciarse sobre este asunto”, engadiu.
Barreiro comprometeuse a que o Partido Popular loitará por acadar as máximas axudas posibles para Cervantes, e para os Ancares en xeral, que estén encamiñadas a recuperar a súa maneira tradicional de traballar e vivir, en contraposición coas maneiras que se están agora intentando impoñer, e que redunden en beneficio de todos os veciños.