Partido Popular de Lugo

O GRUPO PROVINCIAL DO PP PIDE QUE A DEPUTACIÓN SEXA MÁIS AMBICIOSA NOS PROXECTOS SOCIAIS

Domingo, 20 de abril de 2008.- O Grupo Provincial do Partido Popular  pide ó Presidente da Deputación e o seu equipo de goberno que “utilicen o sentido común e a colaboración dos concellos á hora de deseñar as políticas de servicios sociais que dependen do organismo provincial”.

Logo de que se anunciase a sinatura dun convenio con Vicepresidencia para crear un Centro Quérote, o voceiro popular José María González Barcia puxo de manifesto que a xuizo do seu grupo “sería  moito máis beneficioso para os lucenses   a posta en marcha dun centro de orientación familiar, xa que este órgano ten moita máis entidade para canalizar  as demandas da sociedade en materia social”.

A xuizo dos populares outro  asunto polo que hai que apostar é a asistencia de grandes dependentes. As actuacións  deberían planificarse en colaboración estreita cos concellos para deste xeito universalizar os servicios sociais, non a través de subvencións senon buscando vías de financiamento a través de convenios. “A situación económica da deputación é boiante e coñecendo a preocupación da señora Vega en materia de servicios sociais confiamos en que teña en consideranción estas propostas”, puntualizou Barcia.

Retrasos inxustificados.-

O Grupo Provincial do PP pide explicacións polo retraso dos pagos,  das partidas orzamentarias comprometidas dentro Plan de cooperación coas comunidades veciñais. José María Fernández Barcia advirte que cada día que pasa aumenta o malestar entre os afectados. Barcia  quere saber ata cando se vai acabar con esta “demora inxusticada”, e insiste en reclamar  que se lles diga ós colectivos afectados cando van recibir os cartos comprometidos,.