Venres, 18 de abril d 2008.- O Grupo Provincial do Partido Popular botou en falta que na axenda de temas que trataron onte o Presidente da Deputación e o Conselleiro de Medio Ambiente, pasaran por alto á problemática que teñen unha trintena de concellos da provincia para recollida do lixo que se depositaba nos colectores amarelos. Hai que lembrar que dende o un de xaneiro non hai quen se faga cargo do seu contido.
O voceiro do Grupo Provincial, José María González Barcia, lembrou como, PSOE e BNG, rexeitaron unha moción que presentaron os seus para solucionar esta problemática “non aceptan as nosas propostas pero tampouco son capaces de facer nada ó respecto”.
Barcia insiste en pedir que se aclare como pensan solucionar este problema “xa que os residuos dos colectores amarelos non se convirten en compostaxe”, ironizou Barcia.
Por último o voceiro do Grupo Provincial do PP, José María Fernández Barcia, chámalle á atención que o Conselleiro de Medio ambiente teña numerosas entrevistas pendentes alcaldes do Partido Popular da provincia “está moi ben que visite a deputación pero esperábamos, que el que foi alcalde, tivese unha maior sensibilidade cos rexedores, algúns levan dende principios de mandato agardando a que os reciba”.
O voceiro popular tamén reclamou que se axilicen as obras pendentes de adxudicar en materia de medioambiete da provincia.