Triacastela, 18 de abril de 2008.- O tres concelleiros do PP do concello de Triacastela solicitaron a convocatoria dun pleno extraordinario no que pedirán un pronunciamento da Corporación Municipal ó respecto da decisión da Consellería de Educación de suprimir o primeiro ciclo da ESO do colexio de Triacastela. Este pleno vaise a celebrar o mércores 23 de abril ás 21:00 horas no salón de plenos do concello de Triacastela, logo de ter sido solicitado o martes día 15 de abril.
Os concelleiros do grupo popular manifestan a súa disconformidade co alcalde por tardar máis dunha semana en convocar un pleno para un tema que é de vital importancia para o concello de Triacastela, como é o feito de que os rapaces deste concello poidan estar no colexio de Triacastela ata o 14 anos, en vez de marchar para o Instituto de Sarria con 11 ou 12 anos, tendo que saír da casa antes das 7:30 horas.
Para o grupo popular, esta actitude do alcalde confirma a súa inoperancia ante tódolos temas importantes para o futuro e a pervivencia do concello de Triacastela; e pon de manifesto o servilismo co que actúa frente ós mandatos do seu partido político, o PSOE, antepoñendo os intereses do partido socialista ós intereses dos veciños de Triacastela.
O Partido Popular de Triacastela apoiará á Asociación de Pais e Nais de Alumnos (ANPA) e ó Consello Escolar do CEIP Eduardo Cela Vila, na manifestación que teñen previsto realizar, xunto cos afectados doutros concellos, en Lugo o próximo luns día 21 de abril. Consideran que este tema trascende do ámbito escolar e por eso animan a toda a poboación do concello de Triacastela a participar en dita manifestación. Advirten que detrás da supresión da ESO virán máis recortes para Triacastela. Por eso adiantan que irán a ésta e a cantas manifestacións sexan necesarias ata conseguir que a Consellería de Educación dé marcha atrás nas súas intencións.
Tamén queren aclarar que dende o primeiro momento tiveron inciativa propia neste asunto: o luns día 14 de abril a voceira do PP, Olga Iglesias Fontal, reuniuse cos representantes do PP nos concellos afectados por esta medida, e ó día seguinte, o martes día 15 de abril presentaron a solicitude de pleno extraordinario. Supoñen que o malestar que poidera xurdir foi simplemente un malentendido que esperan quede suficintemente aclarado.