Partido Popular de Lugo

PSOE E BNG VOTAN EN CONTRA DE QUE LUGO TEÑA UN NOVO CENTRO DE SAÚDE NO SAGRADO CORAZÓN

Lugo, a 17 de abril de 2008.- Socialistas e nacionalistas rechazaron hoxe na Comisión de Sanidade do Parlamento galego a iniciativa presentada polo PP na que se solicitaba que a Xunta instara ó Concello de Lugo a ceder á Consellería de Sanidade os terreos necesarios que permitiran a construcción dun novo centro de saúde no Sagrado Corazón.

 

O deputado popular Dámaso López amosou a súa sorpresa pola negativa do PSOE e o BNG a respaldar esta iniciativa despois de que hai uns días voltara a quedar patente as deficiencias que presentan as instalacións do centro actual e, a raíz delo, os representantes dos nacionalistas en Lugo anunciaran a súa intención de presentar unha iniciativa semellante no Parlamento galego dirixida precisamente a solucionar dunha vez por todas esta situación. 

Para Dámaso López é difícil xustificar que PSOE e BNG defendan unha cousa en Lugo e outra distinta en Santiago, e lamenta que por culpa destas contradiccións sexan os usuarios os que acaben pagando as consecuencias. “A execución deste proxecto, que xa acumula un retraso considerable, vaise a demorar aínda máis porque PSOE e BNG antepoñen os seus intereses de partido ó beneficio xeral dos veciños de Lugo”, indicou o deputado popular ó tempo que anunciou a presentación dunha moción no Concello de Lugo para incidir neste asunto e para comprobar se ambas formacións políticas “se atreven tamén a rechazala”.