O Saviñao, 17 de abril de 2008.- O Grupo Provincial do Partido Popular lamenta que o Plano Estratéxico de Turismo da Deputación non aporte nada novo ó que xa se viña facendo dende o organismo provincial. Para os populares, as presentacións que está a protagonizar a vicepresidenta terceira son só unha operación de autopropaganda para xustificar a pouca dedicación que lle presta á Deputación.
O voceiro do GPPP José Manuel Barreiro, acompañado por alcaldes, voceiros, deputados autonómicos e provinciais, asegurou hoxe no Saviñao que este Plano está causando decepción entre os sectores implicados.
Barreiro explicou que, despois da presentación xenérica deste proxecto hai un mes en Lugo, confiaba en que no anunciado percorrido polas comarcas faríase unha alusión ás medidas concretas que se adoptarían en cada unha delas atendendo ás súas peculiaridades. Pero agora, tras a presentación realizada en Monforte, comprobouse que non vai a ser así. “Á primeira oportunidade a Sra. Vega repite o mesmo discurso de Lugo”, recalcou Barreiro.
Para os populares, desgranando o Plano elaborado pola Deputación, os concellos están xa facendo moitas das labores nel explicitadas. Así, no que se refire á Ribeira Sacra, a sinalización está feita; as actividades de capacitación profesional estanse a organizar pola Xunta e polas entidades empresariais; as guías turísticas que tanto preocupan á Sra. Vega Buján non aportan ningunha novidade ó igual que a web da Deputación. “E eso que a Sra. Vega”, apuntillou o voceiro do Grupo provincial popular, “tivo nove meses para introducir novidades como resultado dese traballo de campo ó que ela fixo alusión”.
Para Barreiro, o plano presenta tamén algunhas deficiencias salientables. Así, por exemplo, fálase moito de coordinación, “unha medida que nos parece moi axeitada se realmente se leva a cabo”, segundo apuntillou, “pero nada se di da participación da Deputación nos distintos consorcios comarcais que hai constituidos e funcionando”.
Esto tén que levar a reflexionar ós cidadáns desta provincia e ós sectores implicados na actividade turística que nada se está a facer na materia e, como consecuencia, nada podemos esperar de toda a escenificación que estamos a ver”, engadiu.