Partido Popular de Lugo

BARREIRO DI QUE A DISPUTA ENTRE OS SOCIOS DE GOBERNO DE CHANTADA PERXUDICAN ÓS INTERESES DE TODO OS VECIÑOS

Chantada, 17 de abril de 2008.- O Presidente provincial do Partido Popular José Manuel Barreiro, acompañado do secretario xeral José Manuel Balseiro, continuou hoxe na Zona Sur, concretamente en Chantada, o seu periplo de reunións coas agrupacións locais por toda a provincia para, ademais de analizar os resultados das pasadas eleccións Xerais, establecer as líñas básicas de actuación a seguir nos vindeiros meses.

Unha estratexia común que ten a vista posta na próxima cita electoral do vindeiro ano cando se elixa a nova composición do Parlamento galego, pero tamén o firme propósito de facer un partido máis plural, aberto a todas as sensiblidades e acorde cos tempos. Un partido, en definitiva, totalmente renovado, cunha mensaxe e cun equipo de persoas que sexan o fiel reflexo do contexto no que vivimos.

 

Neste senso, o líder dos populares lucenses, convencido de que para lograr ambos obxectivos é preciso reforzar a estructura interna do partido e continuar, polo tanto, o proceso de renovación iniciado xa o pasado ano, abordou tamén na reunión mantida en Chantada cos integrantes do grupo municipal popular a necesidade de elexir unha nova executiva.

CANON ENERXÉTICO.- O encontro serviron ademais para analizar diversos temas da actualidade municipal e provincial. Así, o conflicto xurdido entre os membros do equipo de goberno municipal e a propia Deputación á hora de fixar qué administración debe decidir as obras a executar cos fondos do canon enerxético foi un dos asuntos abordados.

 O Partido Popular mantén a súa postura de que debe ser o Concello quen decida os proxectos a executar (“unha opinión claramente manifestada”, segundo salietou José Manuel Barreiro, “polo noso grupo na Deputación e no propio Concello”) e advierte que con estas disputas entre socios de goberno perxudícase os intereses de todos os veciños.

“Unha opinión claramente manifestada”, segundo salietou José Manuel Barreiro, “polo noso grupo na Deputación e no propio Concello”.

O presidente dos populares lucenses lembrou que tanto o PSOE como o BNG de Chantada, antes de chegar ó goberno municipal,  tamén se mostraban partidarios desta idea e non disimulou a súa perplexidade ante o feito de que agora os socialistas chantadinos queiran desmarcarse desa reivindicación unánime.

Así, ó tempo que incidiu en que era preciso desbloquear canto antes este asunto, apuntou a posibilidade, a modo de solución intermedia tendente a axilizar o pago do canon, de que as obras que vaian a acometerse sexan valoradas polos técnicos co fin de que ninguén teña a tentación de inflar os orzamentos e xustificar así unha inversión que non sexa real. “Non se trata de desconfiar, pero as cousas canto máis claras estén, mellor para todos”, sentenciou.