Partido Popular de Lugo

O PP LEVARÁ MAÑÁ Ó PARLAMENTO A CONSTRUCCIÓN DUN NOVO CENTRO DE SAÚDE NO SAGRADO CORAZÓN

Lugo, a 16 de abril de 2008.- A Comisión de Sanidade do Parlamento galego debatirá mañá, a instancias dunha iniciativa presentada polo deputado popular Dámaso López Rodríguez, unha Proposición Non de Lei na que se solicita ó Parlamento de Galicia que inste á Xunta  a levar a cabo as xestións necesarias para comezar a construcción dun novo Centro de Saúde do Sagrado Corazón na cidade de Lugo. Na proposta popular establécese a necesidade de que o Goberno galego se dirixa ó Concello de Lugo para que éste proceda no prazo de tempo máis preve posible á cesión á Consellería de Sanidade dos terreos necesarios para a súa construcción.

O deputado popular lembra na exposición de motivos da súa iniciativa que o anterior Goberno da Xunta tiña prevista a construcción do centro de saúde para, ademais de garantir a calidade na prestación do servicio, cubrir axeitadamente o importante incremento que está a experimentar a demandan na súa zona de influencia.

 

 

O PP agarda, sobre todo tras os problemas xurdidos hai uns días nos que unha vez máis se puxeron de manifesto as importantes deficiencias que presentan as instalacións, que a súa Proposición Non de Lei obteña o respaldo unánime do resto dos grupos políticos.