Partido Popular de Lugo

A TVG CENSURA NO SEU TELEXORNAL A ROLDA DE PRENSA DO PRESIDENTE DO PPdeG SOBRE A CRISE DA SANIDADE EN GALICIA

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2008.- O PPdeG considera escandalosos os niveis de manipulación nos informativos da TVG, onde se censuran todas as noticias molestas para algún dos partidos do bigoberno, ao tempo que se trata de prexudicar a imaxe do PP, como se pudo comprobar no Telexornal Mediodía emitido hoxe, cun claro incumprimento da lei de creación da CRTVG e dos Principios de Programación dos medios públicos de Galicia.

O Telexornal Mediodía non informou da rolda de prensa que deu o Presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, en Vigo, sobre a crise sanitaria que está a sufrir Galicia.

 

 

O informativo tamén censurou a rolda de prensa que deu o secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, na que denunciou a actuación do PSOE e o BNG na comisión de investigación sobre a axente electoral contratada polos socialistas.

Por outra banda, o Telexornal fixo unha amplia cobertura do acto que tivo hoxe o Presidente da Xunta en A Coruña e do seu anunciou dunha suba de pensións, pero non deu absolutamente nada das declaracións da vicesecretaria do PPdeG e portavoz de Igualdade, Susana López Abella, nas que criticou que a Xunta rebaixe en máis dun 50 por cento a proposta de suba das pensións mentres sube os gastos de personal. 

Neste mesmo Telexornal se emitiu unha noticia sesgada sobre a oposición de veciños de Cervo a unhas obras. Nesta nova non se recabou a versión do Concello, incumprindo así a obriga de contrastar as informacións e de recabar as opinións de todas as partes. 

Un exemplo máis de manipulación é o silenciamento das protestas dos veciños de Moaña pola revisión do catastro que teñen lugar desde hai semanas. Pese as constantes movilizacións, concentracións e protestas neste Concello, con alcalde do BNG, os principales telexornais da TVG seguen sen dar absolutamente ningunha información ao respecto.

CENSURA AO PARTIDO MAIORITARIO.- A TVG e a Radio Galega son un instrumento partidista ao servizo dos partidos do bigoberno, xa que teñen como obxectivo responder aos seus  intereses electoralistas. Touriño está a amordazar os medios públicos de Galicia, que son obxecto dunha manipulación tan escandalosa que abochornaría en calquera país democrático. Mentras os informativos e enchen con publirreportaxes do presidente da Xunta e dos seus conselleiros, ocultan sistematicamente as actividades que realiza o PPdeG, partido maioritario de Galicia, ao que votou case a metade dos galegos. Os informativos están censurando ao grupo político que ten maior implantación política e social. 

O Partido Popular de Galicia reclama a urxente elección, consensuada, do director xeral da CRTVG polo Parlamento, ante o deterioro dos medios públicos de comunicación. As constantes prácticas de manipulación e censura fan necesario o relevo de Benigno Sánchez e a elección dun novo directo xeral que garanta os dereitos dos cidadáns a recibir información veraz e dos profesionais a exercer con liberdade a súa profesión.