Lugo, a 15 de abril de 2008.- Os deputados lucenses Susana López Abella e Agustín Díaz Baamonde interésanse no Parlamento galego pola seguridade das mulleres víctimas de violencia de xénero na provincia de Lugo.
Os populares lembran na súa argumentación que a Lei Estatal contra a Violencia de Xénero contempla que as Unidades Policiais adscritas de forma específica ó servizo das mulleres víctimas de violencia de xénero, naqueles casos nos que sobre o seu agresor pese unha orde de aloxamento, deben adicar un axente por cada dez mulleres nesta situación.
En Galicia, recalcan, das dez comisarías existentes só tres cumpren a ratio establecida por lei, o que significa que a media é de un axente por cada 32 víctimas. Unha deficiencia que en Lugo resulta moito máis preocupante xa que cada axente da UPAP (Unidade de Prevención, Asistencia e Protección á muller maltratada) debe atender unha media de 65 mulleres víctimas de violencia.
Ante esta situación, os deputados lucenses presentaron unha pregunta, para a súa resposta en comisión, na que se interesan por a valoración que fai o Goberno galego desta situación e polas medidas que, na opinión do executivo, hai que tomar para subsanar as deficiencias existentes nesta materia.
Os populares tamén queren saber se o Goberno da Xunta realizou algunha xestión a fin de solventar a escaseza de efectivos policiais nas Unidades de Prevención, Asistencia e Protección a muller maltratada.